Escoitar
Anuncio <br />

Convocatoria para o ano 2004 do "Programa de axudas municipais á creación de empresas", no marco do plan muncipal de emprego 2004-2007

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión de data 31/05/04, por proposta da Concellaría de Desenvolvemento Local e Emprego, aprobou as bases reguladoras da convocatoria do ano 2004 do "programa de axudas municipais á creación de empresas", no marco das actuacións do Plan municipal de emprego 2004-2007.

venres, 11 xuñ 2004
OBXECTO:
Poderán acollerse a estas axudas os/as empresarios/as individuais e as pequenas e medianas empresas, constituídas por desempregados/as independentemente da súa forma xurídica, constituídos no período comprendido entre o 1 de xuño de 2003 e o 31 de maio de 2004. Primaranse as iniciativas empresariais de acordo cos criterios especificados nas bases.

IMPORTE DAS AXUDAS:
As axudas son a fondo perdido e a súa finalidade é subvencionar parte dos gastos da posta en marcha e do funcionamento da empresa durante os primeiros meses de actividade. O importe máximo destas axudas será de 2.400 € e non poderá superar os límites que estas bases establecen para cada un dos conceptos considerados obxecto de subvención, nin tampouco exceder da contía total do investimento inicial realizado polos/as promotores/as. Cando a empresa beneficiaria estea constituída por mulleres ou discapacitados/as maioritariamente (como mínimo as dúas terceiras partes do capital deberá estar en mans de socias traballadoras ou traballadores/as con discapacidade), o importe máximo da subvención terá un incremento de 300 €. No caso de que o promotor/a da iniciativa empresarial (ou da metade como mínimo dos/as promotores/as no caso de seren varios/as) sexa titulado/a universitario/a sen emprego anterior como tal titulado/a universitario/a, a axuda tera un incremento de 300 € (sempre que a iniciativa profesional estea relacionada coa súa titulación). Os conceptos subvencionables son os seguintes:
a) Existencias iniciais de mercadorías
A subvención máxima por este concepto será do 50% dos gastos efectuados durante os primeiros tres meses de actividade, cun tope de 1.500 €.
b) Gastos de arrendamento de locais
A subvención máxima por este concepto será do 70% dos gastos efectuados durante os primeiros tres meses de actividade, cun tope de 1.700 €.
c) Primas de seguros
A subvención máxima neste apartado será do 50% da contía total no conxunto de primas, cun tope de 600 €.
d) Subministracións e gastos correntes
A subvención máxima por este concepto será do 70% dos gastos efectuados durante os primeiros tres meses de actividade, cun tope de 900 €.

PRAZOS E LUGAR DE PRESENTACIÓN:
O prazo de presentación de solicitudes rematará o 31 de agosto de 2004. As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, dirixidas á Comisión de Valoración e Seguimento do programa de "Axudas municipais á creación de empresas" da Concellaría de Desenvolvemento Local e Emprego.

INFORMACIÓN:
Concellaría de Desenvolvemento Local e Emprego. Praza do Rei s/n (4ª planta).
Teléfono: 986 81 02 32; Correo electrónico: ofi.emprego@vigo.org
Tanto as bases reguladoras destas axudas como os anexos que ten que presentar o/a solicitante, estarán a súa disposición no Rexistro Xeral do Concello de Vigo e na páxina web da concellaría:
http://emprego.vigo.org