Escoitar
Anuncio <br />

Convocatoria do exame de obtención do permiso municipal de conducción de autotaxis

Ponse en coñecemento de tódalas persoas interesadas en tomar parte nos exames, para a obtención do permiso municipal de conductor de autotaxis, que deberán presentar a solicitude xunto a documentación esixida na vixente Ordenanza municipal reguladora do servicio, ata o 16 de xuño, incluído.

venres, 11 xuñ 2004
Así mesmo, aquelas persoas que presentaron a solicitude con anterioridade e que teñan caducado o certificado médico, ou que non o presentaran, deberán facer entrega dun novo certificado nas oficinas do Area, antes do citado día.

As probas realizaranse o 24 de xuño, na planta 11º do Concello. Os solicitantes comparecerán provistos de bolígrafo, DNI e carné de conducir.

HORARIOS
Ás 9 horas, solicitantes que o seu primeiro apelido estea entre o A-G, ámbolos dous inclusive
Ás 11 horas, solicitantes que o seu primeiro apelido estea entre o H-Z, ámbolos dous inclusive.

O Tribunal está composto por:
Presidente: Antonio Coello Bufill
Secretaria: Carmen Pintado García
Vocal: Benjamín Collazo Rodríguez