A promoción das mulleres como estratexia de desenvolvemento centra unhas xornadas do Compás
A Concelleira de Emprego , Lucía Molares e o xerente da Mancomunidade da Area Intermunicipal de Vigo, presentaron as Xornadas Transnacionais Proqualitas "A promoción das mulleres como estratexia europea de desenvolvemento" que terán lugar en Vigo os próximos días 17 e 18 de xuño organizadas polo Proxecto Compás.
O obxectivo das xornadas é tratar de difundir as experiencias, resultados e productos da cooperación transnacional Proqualitas. Van dirixidas a responsables de proxectos de emprego e formación, organizacións implicadas no desenvolvemento de proxectos e axentes sociais.
No evento intervirán persoas expertas dos tres países participantes, España, Italia e Portugal, onde están radicados os catro proxectos europeos integrantes de Proqualitas e paralelamente realizarase unha mostra dos productos das entidades no evento. Entre as persoas relatoras está Bibi Russell, quen fora modelo de alta costura nos anos 80, creadora do programa "Moda para o desenvolvemento" e embaixadora de boa vontade da UNESCO, que vén dende Bangladesh a expoñer a súa experiencia como muller empresaria do téxtil e o seu apoio as mulleres tecedoras do seu país.
As xornadas son o remate da actividade transnacional de Proqualitas que tamén veu a luz na nosa cidade coa firma do Acordo Transnacional asinado no ano 2002 co inicio do Proxecto Compás, no que as entidades integrantes de ProQUALITAS se comprometían a traballar conxuntamente en distintos eidos.
Ademais do Proxecto Compás, constitúen ProQUALITAS o Proxecto DIDO "Desarrollando la igualdad de oportunidades en el mercado de trabajo", xestionado polo Instituto de Promoción y Desarrollo de la Ciudad del Ayuntamiento de Jerez de la Frontera; o Proxecto "La Rivoluzione silenziosa", xestionado pola Associazione Culturale Centro Studi Ibleo de Ragusa (Italia) e o Proxecto Trampolim, xestionado pola Fundaçao para o Desenvolvimiento da Zona Histórica do Porto (Portugal).
O Proxecto Compás, que finalizará en decembro de 2004, enmárcase dentro da iniciativa Equal do Fondo Social Europeo, dedicada a promover novos métodos de loita contra toda clase de discriminación e desigualdade no acceso a un mercado de traballo aberto a todos e todas, a través do deseño e do desenvolvemento de ferramentas e recursos concretos que melloren a ocupabilidade das persoas desempregadas da área metropolitana de Vigo.
Descargar todas as imaxes