Escoitar

Mais de 10.000 persoas visitan a oficina de turismo itinerante que recorreu 17 cidades españolas e portuguesas

O bus promocional da oferta turística da cidade comezou a súa xira o pasado día 18 de maio e rematou esta fin de semana en Braga, despois de percorrer dezasete cidades.Salamanca foi a cidade que máis consultas realizou na oficina de turismo, con 1.419 visitas nun só día.

mércores, 9 xuñ 2004
1086778731bus2.jpg
A ruta promocional de Turismo de Vigo por España e Portugal rebasou todas as expectativas, xa que se realizaron máis de 10.000 consultas durante todo o traxecto promocional.

A oficina de Turismo itinerante comezou o seu percorrido en Santiago de Compostela, onde recibiu 786 consultas.

Unha equipa de animadoras turísticas da Concellería deron a coñecer a oferta turística da cidade en Santiago de Compostela, A Coruña, León, Oviedo, Xixón, Santander, Burgos, Valladolid, Segovia, Ávila, Salamanca, Cáceres, Badaxoz, Setúbal, Lisboa, Oporto e Braga.

O obxecto desta iniciativa é a coñecer a riqueza da oferta turística da cidade en todos aqueles mercados obxectivos emisores de turistas. O bus promocional se instalou nos lugares máis céntricos e transitados das cidades anteditas, co obxecto de realizar ó maior número posible de consultas.

A acollida da oficina de turismo itinerante foi moi boa en todas as cidades, destacando as 1.419 visitas recibidas en Salamanca, seguidas das 870 de Setubal, 891 de Valladolid ou 822 visitas de Xixón.

Os visitantes amosáronse moi curiosos sobre os recursos turísticos da cidade, preguntando sobre o Parque Nacional das Illas Atlánticas, aloxamentos na cidade e rutas turísticas interesantes.

Outro recurso turístico que despertou gran interese foi o Mercado de A Pedra e a rúa das ostras.

Detectouse un alto grao de fidelización dos turistas, xa que moitas persoas das que se achegaron á oficina de turismo afirmaron coñecer xa a cidade e amosaron a súa intención de regresar este ano de novo.

Nun autobús de dúas plantas, rotulado con espectaculares imaxes da cidade, que representan os principais productos turísticos que oferta Vigo as informadoras turísticas da Concellería ofreceron cumplida información sobre estes recursos e asesoraron ós potenciais turistas sobre programas de actividades a realizar no destino.

As animadoras turísticas da Concellería atenderon as consultas na oficina de turismo itinerante en horario de 10h. a 21.00h., ininterrumpidamente, promocionando os productos estrela da cidade como o turismo náutico, de natureza e, especialmente, os eventos que terán lugar en Vigo co gallo do Xacobeo. Aproveitaron a ocasión para publicitar a saída da Volvo Ocean Race dende a cidade de Vigo.

A viaxe promocional de Turismo de Vigo estivo precedida dunha campaña nos principais medios de comunicación das cidades a visitar, o que provocou un importante efecto de chamada. A consulta á oficina viña acompañada do regalo dun obsequio promocional por parte de Turismo de Vigo.

Consultas por cidades
Santiago de compostela- 786
A Coruña- 567
León- 223
Oviedo- 283
Gijón- 822
Santander- 819
Burgos- 373
Valladolid- 891
Segovia- 379
Ávila- 348
Salamanca- 1.419
Cáceres- 340
Badaxoz- 465
Setúbal- 870
Lisboa- 824
Oporto- 439
Braga- 306
Descargar todas as imaxes