Concerto da pianista Grace Nikane no ciclo Xeración 200+4
Coa actuación da pianista Grace Nikane o xoves, día 10, continua a programación do ciclo de música de novos intérpretes Xeración 2000+4 que organiza a concellería de Cultura co patrocinio de CaixaGalicia. O concerto terá lugar ás 20:30 horas no salón do conservatorio superior de música de Vigo.
Programa
Beethoven -Sonata Op. 31, No.("Tempestade")
Largo-Allegro
Adagio Allegretto
Ravel - Jeux Déau
Falla -Fantasía Bética
Arronte-Fragmenteos Rotos (Estreno en España)
Bartók- Sonata Sz.80
Allegro moderato
Sostenuto e pesante
Allegro molto
A pianista americana Grace Nikae comenzou a súa traxectoria artística debutando á idade de otio anos coa orquestra sinfónica de Honolulu tocando o concerto de Mozart K.449. Á idade de trece realiza o seu debut en Xapón na cidade de Kagoshima cun recital retransmitido pola televisión nipona. Seguiríanlle despois numerosas actuacións con orquestra e en recital por Estados Unidos e Xapón, culminando cun concerto na sala Carnegie Hall de Nova Iorque en 1995.
Gañadora dos concursos internacionais Ibla (Italia), Sorantin Young Artist Competition (USA) e Artist Internacional (N.Y.) facendo a súa aparición no ano 2001 en recital a solo no Carnegie Hall (Weill Recital Hall).
Grace Nikae actuou en concerto e en recital por todo os Estados Unidos, Canada. Xapón, Hawai e Europa. Na temporada presente tocará en Holanda , España, suiza, USA, salientando o seu debut en Chicago no Cultural Center, sendo retransmitido en directo pola televisión e a radio norteamericanas, e foi invitada no festival de Música de Cámara de Kuhmo (Finlandia) compartindo programa co Cuarteto Borodin, Vladimir Mendelssonhn, Natalia Gutman e Cristoph Richeter.
Grace Nikae realizo os seus estudos en Juilliard, Columbia University, etc.