O Concello cederá un edificio na rúa Mestres Goldar para a creación do "Fogar do Músico"
O Concello iniciará os tramites para a cesión dos locais dunha escola taller municipal situada na rúa Mestres Goldar número 22 para a creación do "Fogar do Músico". Este compromiso asumiuno a alcaldesa, Corina Porro, no transcurso dunha reunión que mantivo esta mañá con representantes da Federación de Bandas Populares de Música, representantes das Corais e da orquestra Sinfoneta. Na reunión a alcaldesa estivo acompañada polo concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves.
Os integrantes das agrupacións musicais presentaron á alcaldesa o proxecto para crear o "Fogar do Músico" coa finalidade de contar cun espacio físico para a promoción da música e que disporía de lugares de ensaio, biblioteca e investigación, arquivos e actividades.
O edificio que se cederá, está situado na rúa Mestres Goldar e utilizouse anteriormente como escola taller municipal, ten 100 anos de antigüidade e rehabilitado recentemente. Ten unha superficie en planta de 120m2 construídos e consta de baixo, planta e soto. Para a seu novo uso deberá facerse un anteproxecto de obras para unificar espacios, renovar as instalacións eléctricas e outro tipo de acometidas.
A próxima semana o concelleiro de Cultura visitará as instalacións do edificio para coñecer de primeira man o seu estado.