Venda de 1.000 entradas para o partido da Eurocopa entre España e Grecia
Tralas conversas mantidas entre o Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra coa Federación Española de Fútbol dirixidas a amosar o espírito de unidade en torno á Selección Nacional de Fútbol e a facilitar aos vigueses e aos cidadáns de Pontevedra que o desexen o desprazamento aos partidos da Eurocopa, a Federación Española de Fútbol porá á venda mañá 1.000 entradas para o partido entre España e Grecia, que se disputará en Oporto o mércores 16 de xuño ás 18:00 hora española.