venres, 18 xuño 2004
Unha Comisión técnica determinará ós vehículos e equipamentos a adquirir, así como o ámbito de actuación e o incremento de persoal

Concello, Consellería de Xuxtiza e Deputación asinan un protocolo para a comarcalización do parque de bombeiros de Vigo

O Concello de Vigo, a Consellería de Xustiza e a Deputación Provincial de Pontevedra asinaron esta mañá un protocolo de colaboración co obxectivo de fixar as liñas de colaboración entre as tres Administracións co fin de potenciar o Parque Municipal de Bombeiros da cidade para que pase a prestar servicio nos seus concellos máis cercanos.

A cidade, que foi premiada coa Basoira de Ouro, reforza as actuacións relacionadas coa conservación do contorno urbano

Vigo recibe o recoñecemento polo seu plan de xestión integral da limpeza urbana

venres, 18 xuñ 2004

A cidade de Vigo recibiu a "Basoira de Ouro 2004" en recoñecemento á súa preocupación polo coidado do contorno urbán e pola mellora da calidade de vida dos cidadáns, un galardón que convoca a Asociación Técnica para a Xestión de Residuos e Medio Ambiente (ATEGRUS) –Membro Nacional de ISWA (International Solid Waste Association). Esta é a primeira vez que a cidade obtén a Basoira de Ouro. Anteriormente (1992 e 2002) acadou a Basoira de Prata.

Castroexpresión

Fin de semana con novas actividades no Castro

venres, 18 xuñ 2004

A Concellería de Xuventude desenvolve a actividade denimada CastroExpresión dentro do programa "Súbete o Castro" integrado no plan NEXUS de dinamización xuvenil. Durante a fin de semana a programación pretende implicar na definición e realización das actividades as distintas asociacións xuvenís e grupos que veñen participando nos programas da concellería.

Anuncio

Cortes de tráfico

venres, 18 xuñ 2004

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de fresado e asfaltado da rúa Beiramar, cortarase o carril desta cara ao centro, no tramo entre rúa Pescadores e rúa Coruña, dende hoxe, venres 18 de xuño de 2004 en horario nocturno de 22:00 horas a 06:00 horas, e por un período aproximado dunha semana.