Escoitar

Educación presenta a Guía de Centros Públicos de Secundaria

O concelleiro de Educación, Ignacio López Chaves, presentou hoxe en rolda de prensa a " Guía de centros públicos de educación secundaria" da cidade. A Guía presenta as ofertas e informa sobre a rede de institutos públicos de Vigo.

venres, 18 xuñ 2004
1087561572guiaeducacion.jpeg
25 centros de secundaria figuran na guía coas características de cada un deles como instalacións, proxecto educativo intercambios culturais, actividades complementarias e extraescolares, participación, niveis académicos, admisión e prazas, aulas especiais e outros datos de interese.

A Guía contén información básica sobre o sistema educativo actual, o sistema educativo do proxecto de lei e o mapar de centros.

O coodinador da guía, Antonio Vázquez, animou a xente interesada a que acuda ós centros de ensino para resolver as dúbidas que teñan á hora de escoller o instituto.
Descargar todas as imaxes