Escoitar

Aprobación provisional da ordenanza reguladora dos prezos públicos pola utilización de "Verbum-Casa das Palabras"

O Pleno do Excmo. Concello de Vigo, en sesión do 31 de maio de 2004 adoptou, entre outros, o seguinte acordo: "Aprobación provisional da Ordenanza reguladora dos prezos públicos pola utilización de "Verbum-Casa das Palabras".

venres, 18 xuñ 2004
O expediente está na Oficina de Información deste Concello para información pública e audiencia ás persoas interesadas durante o prazo de 30 días hábiles dende a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia num.106 de 4 de xuño de 2004, para que poidan presentar, de ser o caso, reclamacións e suxestións de conformidade co artigo 49 da Lei 7/85 de bases de réxime local.