mércores, 16 xuñ 2004
A Biblioteca Central , situada no Casco Vello, organiza os meses de xullo e agosto unha actividade co nome de "Bibliocampamento" destinado a nenos e nenas de 4 e 9 anos.O programa inclúe contos, xogos, e manualidades. As actividades son gratuítas.
mércores, 16 xuñ 2004
Continúa a programación do ciclo de música de novos intérpretes "Xeración 2000+4" da concellería de Festas coa actuación do trío Primo Tempo o xoves, día 17 ás 20:30 horas no auditorio do Conservatorio Superior de Música de Vigo. A entrada ao concerto é gratuita ata completar o aforo.
mércores, 16 xuñ 2004
O xoves, día 17, ás 10 horas reúnese a Xerencia Municipal de Urbanismo , co seguinte orde do día: