Escoitar

O trío Primo Tempo en "Xeración 2000+4"

Continúa a programación do ciclo de música de novos intérpretes "Xeración 2000+4" da concellería de Festas coa actuación do trío Primo Tempo o xoves, día 17 ás 20:30 horas no auditorio do Conservatorio Superior de Música de Vigo. A entrada ao concerto é gratuita ata completar o aforo.

mércores, 16 xuñ 2004
1087380464xeracion.jpg
O trío Primo Tempo nace no ano 2002 no seo do Conservatorio Superior de Música de Vigo a partir da materia de Música de Cámara. Será a finais deste ano cando os seus compoñentes deciden facer deste trío un grupo estable.

Os seus tres compoñentes, Lorena Cabaleiro, Paula Castro e Javier Alonso, son estudantes do Conservatorio de Música de Vigo nas especialidades de piano, clarinete e violonchelo, respectivamente.

Na súa curta traxectoria levan realizado concertos en diversos auditorios como o Auditorio Martín Códax, e no auditorio Jesús de Monasterio de Santander onde a demais gañaron o 1º premio no "IIIª Concurso de Música de Cámara Cidade de Santander" no pasado ano.

Este conxunto xorde da inquietude de tres novos músicos que realizan os seus estudos no Conservatorio de Música de Vigo, e que buscan consolidarse como formación camerística.

PROGRAMA:
Trío nº1- A.Zemlinsky
Andante
Adagio Allegro

Taller de Cámara. LA PRIMA VOLTA
PIMEIRA PARTE
Trío Malzel
Santiago Comesaña: clarinete
José Antonio Cantal: piano
Cristina Noguera: violonchelo

Trío Op..114 de J.Brahms
ALEGRO
ADAGIO ANDANTINO GRAZIOSO
ALLEGRO
Descargar todas as imaxes