Escoitar

Educación abre o prazo de matrícula na Escola Municipal de Teatro<br />

Do 16 ao 30 de xuño está aberto os prazos de inscrición e matriculación para o novo alumnado na Escola Municipal de Teatro dependente da Concellería de Educación.

martes, 15 xuñ 2004
1087300700escolateatro.jpg
A preinscrición realizarase nas dependencias do servicio de Educación, sito no primeiro andar da casa do Concello de Vigo, en horario de 9 a 13 horas. O impreso poderá obterse tamén no servicio municipal de información e a través da páxina web municipal www.vigo.org.

A relación do alumnado admitido publicarase o 2 de xullo de 2004 na páxina web municipal e no taboleiro de anuncios do Concello de Vigo.

Establécese un prazo de dez días para posibles reclamacións.

Este centro proporciona unha aprendizaxe non profesional das técnicas teatrais. Ademais de actividades puntuais, programa cursos anuais, con vacacións no meses de xullo a setembro.

A oferta formativa contempla cursos para nenos dos 8 ós 16 anos e outras actividades para os maiores de 16 anos: ciclo de arte dramática , cursos monográficos ou de especialización e actividades complementarias.
Descargar todas as imaxes