Actividades para nenos na Biblioteca Central no verán
A Biblioteca Central , situada no Casco Vello, organiza os meses de xullo e agosto unha actividade co nome de "Bibliocampamento" destinado a nenos e nenas de 4 e 9 anos.O programa inclúe contos, xogos, e manualidades. As actividades son gratuítas.
O programa desenvolverase en dous turnos; o primeiro terá lugar os luns e mércores de cada semana destinado aos rapaces de 4 a 6 anos; e o segundo será os martes e xoves para os nenos de 7 a 9 anos. Extraordinariamente os últimos venres de cada mes ( 30 de xullo e 27 de agosto) farase unha romaría popular con xogos.
O horario das actividades será de 10:30 a 12:15 e ofértanse 25 prazas para cada turno.
A matrícula é gratuíta e pode realizarse na Biblioteca, rúa Joaquín Yáñez 6, polas mañás en préstamos e polas tardes na sección infantil, atenderase por orde de anotación.
Descargar todas as imaxes