Escoitar
A cidade, que foi premiada coa Basoira de Ouro, reforza as actuacións relacionadas coa conservación do contorno urbano

Vigo recibe o recoñecemento polo seu plan de xestión integral da limpeza urbana

A cidade de Vigo recibiu a "Basoira de Ouro 2004" en recoñecemento á súa preocupación polo coidado do contorno urbán e pola mellora da calidade de vida dos cidadáns, un galardón que convoca a Asociación Técnica para a Xestión de Residuos e Medio Ambiente (ATEGRUS) –Membro Nacional de ISWA (International Solid Waste Association). Esta é a primeira vez que a cidade obtén a Basoira de Ouro. Anteriormente (1992 e 2002) acadou a Basoira de Prata.

venres, 18 xuñ 2004
1087802664limpeza1.jpg
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, o concelleiro de Limpeza, José Manuel Figueroa e representantes da empresa FCC, participaron hoxe nun acto con motivo da obtención deste premio cunha visita ás instalacións da empresa en Vigo e un viño español.

Este premio, que conseguiu Vigo na categoría de municipios entre 250.000 e 500.000 habitantes, recoñece a laboura do goberno desta cidade por desenvolver e executar un plan integral de limpeza urbana que abarca todos e cada un dos aspectos e acada ser un referente de eficacia na xestión dos servicios urbanos, utilizando a mellor tecnoloxía e coidando o medio ambiente. Así, a asociación medioambiental distingue actuacións das cidades dirixidas á mellora e defensa da xestión dos residuos, á limpeza e ao aseo urbán, e premia os esforzos por realizar avances tenolóxicos e de concienciación para mellorar a calidade de vida das cidades e industrias.

A xestión integral da limpeza urbana da cidade inclúe servizos como a contenerización, a recollida e transporte de residuos urbanos e residuos urbanos reciclables, a limpeza urbana e a limpeza de praias. Vigo ten 5.620 contenedores de cor verde con capacidades entre 120 e 2.400 litros. Para reducir o impacto visual instalaronse contenedores soterrados en zonas peatonais e céntricas. Para o servicio de recollida de residuos sólidos urbanos Vigo dispón dunha flota composta por recolectores de carga lateral, de carga traseira e veículos de caixa aberta cun sistema de localización GPS. Na cidade hai instaladas 4.200 papeleiras de distintas capacidades e modelos de acordo coa estética da zona na que están situadas. Existen outros servizos de recollida diferenciada, como a retirada de mobles e enseres.

No apartado de residuos urbanos reciclables, Vigo conta con 600 áreas de aportación dotadas con contenedores para a recollida de envases, de papel cartón, de vidro e pilas. O obxectivo fundamental do servizo de limpeza urbana é acadar o máximo nivel de limpeza. Neste senso, incorporáronse novos medios técnicos que mellora a limpeza da cidade e que sirven de apoio ás labores manuais, como as baldeadoras mecánicas e barredoiras, equipos auxiliares de baldeo ou as baldeadoras-decapadores.

Na limpeza de pintadas, o Concello utiliza un equipo especial hidrolimpador dotado de auga quente a presión e hidroarenador, diferenciando o tipo de material sobre o que actúa e empregando productos biodegradables e pouco abrasivos.

Para eliminar excrementos de cans da vía pública utilizanse equipos de aspiración que permiten unha rápida resposta ante calquera eventualidade, e para realizar a limpeza nas zona rurais utilízanse as denominadas "brigadas", que realizan traballos de limpeza, xa sexan desbroces ou limpeza de cunetas ou camiños.

A limpeza de praias realizase, de xeito mecánico e manual, ao longo de todo o ano e incrementase no periodo estival e inclúe a área das praias e os paseos existentes.

Ademais, o Concello de Vigo está a reforzar todas as actuación relacionadas coa conservación do contorno urbano. Dende o mes de xaneiro, incrementou as accións dirixidas á limpeza e conservación dos espacios públicos, á eliminación das pintadas e carteis, ao mantemento dos parques infantís ou o arranxo de mobiliario urbano, así como todos os aspectos que menciona o bando que publicou a Alcaldía sobre actos de natureza vandálica.

Ademais, o goberno está a desenvolver unha campaña de concienciación cidadá para a mellora do contorno urbano, que escomenzou coa publicación do bando da Alcaldía coas distintas ordenanzas municipais e que continúa coa campaña informativa "Vigo a cidade de todos" en escolas, en espazos de lecer e en colectivos cidadáns. Esta campaña funciona xa en tódolos centros públicos, privados e concertados de Vigo, aos que o IME envioulles o bando das nenas e nenos co que traballan en distintas actividades. O Concello instalou tamén 49 carteis expositores en parques infantís, espacios de lecer e zonas de reunión de xóvenes da cidade, lembrando da conveniencia de respectar as normas de convivencia cidadá.

O equipo de axentes ao servicio do cumprimento do bando e a unidade administrativa creada traballan para facer de Vigo un espacio de encontro para os cidadáns, unha cidade mais limpa e mellor concienciando aos cidadáns, e sancionando nos casos que sexan precisos.

Coa coordinación e integración de todos os servicios mencionados e a colaboración cidadá acadamos unha cidade máis limpa e habitable, tanto para os vigueses como para as persoas que nos visitan.
1087802664limpeza1.jpg
1087802696limpeza2.jpg
Descargar todas as imaxes