xoves, 6 ago 2020
O alcalde informou do incremento “moi importante” este ano do número de solicitudes deste servizo que o goberno municipal pon a disposición das persoas interesadas nos dous areais. Amais, deu conta da dispoñibilidade de pulseiras identificadoras para as nenas e nenos nas praias.
martes, 28 xul 2020
Abel Caballero explicou este martes que, unha vez ratificada no Pleno, a normativa facultará ao goberno vigués a determinar que areais serán espazos libres de fume. O alcalde engadiu que proporá ao Goberno de España a elaboración dunha lei que permita sancionar aos infractores.
venres, 24 xul 2020
O número de agosto da publicación leva na súa portada unha imaxe da praia de Nosa Señora das Illas Cíes, baixo o titular “Galicia, unha viaxe pola súa costa máis espectacular”. Abel Caballero amosou o seu orgullo e apuntou que isto supón que a revista “volve facerlle un recoñecemento ás Illas CÍes e a Vigo”, e por iso “as queremos Patrimonio da Humanidade porque The Guardian ou National Geographic, ámbitos especializados e de alto valor científico saben do valor das Illas Cíes”.
xoves, 23 xul 2020
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este xoves o anuncio polo que se somete a información pública o proxecto de decreto polo que se aproba o plan de conservación do Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Complexo Dunar e Areal do Vao-Baluarte no Concello de Vigo.
luns, 20 xul 2020
Un centenar de nenas e nenos, en grupos de 15, asisten este días ao “Verán Mariñeiro” de Bouzas dentro do programa municipal Verán Xove que, xunto ás actividades no MARCO, no Museo Liste e os campamentos do Verbum suman 3.000 prazas na cidade.
mércores, 15 xul 2020
Todos os sábados, desde o 18 de xullo e ao 29 de agosto, VigoZoo organizará unha actividade especial de astronomía e observación de estrelas. As prazas quedan limitadas a 25 persoas por día e para asistir é necesario inscribirse previamente.
martes, 14 xul 2020
O paseo de Samil e a rúa peonil do Príncipe serán sinalizadas con sentidos únicos para que os viandantes non se crucen e poidan respectar o distanciamento social marcado pola pandemia do Covid-19. O alcalde indicou que este xoves acabarán os traballos no paseo do areal vigués e a continuación comezarán en Príncipe.
luns, 6 xul 2020
O alcalde deu conta esta mañá do bo resultado da mostra realizada o pasado 1 de xullo nos 24 areais máis grandes da cidade. Avanzo que o Concello seguirá a facer control sobre as condicións das augas das praias ao longo de todo o verán.
luns, 22 xuñ 2020
O Concello de Vigo puxo en marcha un novo proxecto de voluntariado medioambiental destinado a colaborar na limpeza de montes, no acompañamento de cans e adecuación dos hortos urbanos. O programa comezou este luns e estenderase ata o 30 de setembro.
luns, 22 xuñ 2020
O goberno municipal derruirá as instalacións do Camaleón, en Samil, para converter o espazo nunha nova zona verde, como xa ocorrera coas Dornas. A concesión rematou este ano logo dun período de explotación de 35 anos.