Vigo terá servizo de socorrismo en todos os areais con bandeira azul ata o 15 de setembro
Do 15 de xuño ata o 1 de xullo e do 1 ao 15 de setembro darase servizo de luns a venres nas praias de Samil, O Vao, Fortiñón e Argazada en horario de 16 a 20 horas.
O servizo de socorrismo nas praias de Vigo está a funcionar desde o 15 de xuño e estará operativo ata o 15 de setembro. O Concello investiu 600.000 euros esta tempada.
O alcalde sinalou que “todo o persoal está pagado polo concello”. Este ano haberá 47 socorristas, 20 efectivos da policía local, persoal de protección civil e técnicos de primeiros auxilios.
Ata o 1 de xullo e do 1 ao 15 de setembro haberá servizo de socorrismo nos areais de Samil, O Vao, Fortiñón e Argaza de luns a venres pola tarde. No fin de semana e durante os meses de xullo e agosto haberá socorristas en todas as praias con bandeira azul, en horario de 12 a 20 horas. Estas praias son: Rodas (Illas Cíes), Fortiñón, Canido, O Vao, Fontaíña, Samil, Argazada, Tombo do Gato, Carril e A Punta.
Abel Caballero anunciou que irá ata Rodas a izar a bandeira azul: “Nós pagamos todo o mantemento: limpeza da area e da praia, vixilancia policial, socorrismo e salvamento”.
Axudas Emerxencia
En rolda de prensa, o rexedor deu conta das 116 novas Axudas de Emerxencia, aprobadas en comisión, por valor de 23.320 euros.
Do total, 54 axudas son para vivenda cun valor de máis de 19.000 euros. Caballero lembrou que esta acción “para os desafiuzamentos”.
O concello repartiu 14.183 axudas a 38.294 persoas por valor de 2.190.084 euros.