xoves, 12 mai 2022
Vigo revalida os 3 sendeiros con Bandeira Azul no ano 2022. Son o Camiño a Beiramar, a Senda entre os Faros nas Illas Cíes e a Senda Litoral e do Monte da Guía. Onte confirmouse tamén a Bandeira Azul para 11 praias, coa incorporación de Santa Baia en Alcabre. Unha das condicións para obter este distintivo é ter servizo de socorrismo. Abel Caballero visitará esta tarde aos alumnos do curso ofertado polo Concello por segundo ano consecutivo. Son 13 alumnos que reciben unha formación teórica de 70 horas que inclúe contidos e avaliacións de prevención e vixilancia, rescate acuático e primeiros auxilios.
mércores, 11 mai 2022
O alcalde anunciou en rolda de prensa que a cidade recibiu da Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) os 11 distintivos solicitados, un máis que o ano pasado ao sumarse o areal de Santa Baia en Alcabre.
xoves, 5 mai 2022
Terá lugar o domingo 22 de maio, pola mañá, sendo a base de operacións o Parque Forestal do Monte dos Pozos. As actividades requiren inscrición previa que poden realizarse no teléfono 010.
mércores, 4 mai 2022
As 23 praias da cidade obtiveron a cualificación de “excelente”, a máis alta da clasificación sanitaria da dirección xeral de Saúde Pública.
mércores, 20 abr 2022
Por segundo ano consecutivo, Vigo convoca un curso de capacitación para titulados en Actividade Física e do Deporte. No verán de 2021, dezaseis vacantes no servizo municipal de salvamento foron cubertas con socorristas habilitados polo Concello con este curso. A preinscrición, a próxima semana no 010.
mércores, 20 abr 2022
Os labores de cooperación céntranse estes días na erradicación dunha especie de planta invasora na zona húmida da Bouza. O alcalde destaca a importante participación nas hortas urbanas “cunha mobilización de case 500 persoas”.
martes, 22 mar 2022
O goberno local segue na procura de seguir avanzando no voluntariado polo que volve convocar cursos de formación que se ofertarán en marzo e abril no centro municipal de distrito de Bouzas. Son seis os obradoiros e o prazo de inscrición permanece aberto no 010.
venres, 18 mar 2022
A segunda edición do programa quere fomentar hábitos de vida saudables entre a cidadanía para loitar o sedentarismo, que é responsable do 6% das mortes en todo o mundo segundo os datos da Asociación Española contra o Cancro.
venres, 11 mar 2022
O goberno de Vigo traballa xa na adecuación das praias e instalacións municipais de cara á tempada estival e, segundo informou Abel Caballero, xa acometeu a remodelación da caseta de madeira de salvamento do principal areal das Cíes, moi deteriorada polas inclemencias do tempo nas illas. O investimento superou os 16.000 euros.
venres, 4 mar 2022
O alcalde presentouno este venres en rolda de prensa. O Concello retoma os percorridos medioambientais do Camiño a Camiño con sete saídas entre marzo e maio. Tamén este mes volven os traballos as hortas urbanas municipais e os cursos de iniciación ao voluntariado ambiental.