O Concello celebra o Día da Árbore coa plantación de 30 exemplares no Castro
O goberno local desenvolve ata o 1 de abril a campaña “Vigo, a cidade dos espazos verdes” cunha exposición e xardín efémero en distintos puntos da cidade onde a cidadanía pode participar e gañar unha camelia ou unha oliveira.
O día 21 de marzo conmemorase o Día Mundial da Árbore, motivo polo que o Concello plantou no día de hoxe 30 novos exemplares no Castro. Esta acción vén acompañada da campaña “Vigo a cidade dos espazos Verdes. Descúbreos, coñéceos e gózaos!”. Co fin de descubrir espazos, coñecelos e gozalos, realizarase de forma itinerante por varias zonas da cidade unha exposición e divulgación dos espazos verdes de Vigo.
Caballero lembro que desde que chegou á Alcaldía a cidade ten 30.000 novas árbores. “É o período desta cidade con máis plantacións na historia de Vigo” e quixo sinalar plantacións importantes como o bulevar de Coia, substituíndo os chopos por outras especies.
A campaña “Vigo, a cidade amigas dos espazos verdes” fai partícipes aos cidadáns con xogos baseados nunha ruleta de preguntas relacionadas cos espazos verdes da cidade e co que se repartirán 3.000 camelias e 900 oliveiras á veciñanza.
Calendario
23 de marzo en Bouzas (Alameda Suárez Llanos)
24 de marzo nas Travesas (rotonda de Praza de América)
25 de marzo no Calvario (diante do Mercado)
27 de marzo: “Coidando a nosa Oliveira” no Paseo de Alfonso XII onde se realizarán diversas actuacións culturais participativas del Olivo en el Paseo de Alfonso XII
31 de marzo en Teis (diante do Mercado)
1 de abril en Navia (rúa Teixugueiras no espacio entre os números 18 e 20)