Escoitar

Vigo iza a bandeira branca na Vía Verde

Con este recoñecemento, Vigo é a cidade de España con máis sendeiros azuis, que certifican a calidade medio ambiental. Á Vía Verde súmanse Camiño a Beiramar, Entre Faros nas Illas Cíes e na Senda Litoral e do Monte da Guía.

luns, 20 mar 2023
Abel Caballero e a concelleira de Medio Ambiente, Nuria Rodríguez, tralo izado da bandeira
Abel Caballero e a concelleira de Medio Ambiente, Nuria Rodríguez, tralo izado da bandeira

Abel Caballero izou a bandeira azul na Vía Verde. Este recoñecemento medioambiental fai que Vigo sexa a cidade de España con máis sendeiros azuis.

“Transformamos unha vella vía de tren nun modelo de ocupación e de utilización no medio dunha cidade”, declarou o alcalde en rolda de prensa. Caballero amosou a súa satisfacción e dixo seguir apostando por conseguir máis recoñecementos.

A Vía Verde aposta pola mobilidade a pé e en bicicleta, con carrís diferenciados. Ten zonas de descanso, xogo e de utilización cidadá. Cunha lonxitude de 4,5km, este sendeiro une o centro de Vigo ata o término municipal de Redondela.

Ao recoñecemento da Vía Verde repiten Camiño a Beiramar, Entre Faros nas Illas Cíes e na Senda Litoral e do Monte da Guía.

Abel Caballero e a concelleira de Medio Ambiente, Nuria Rodríguez, tralo izado da bandeira
Descargar todas as imaxes