martes, 21 mar 2023
Abel Caballero anunciou que presentará a candidatura o venres 31 de decembro no Auditorio Mar de Vigo co obxectivo de que no 2024 as Illas Cíes sexan parte da Rede Mundial de Xeoparques da UNESCO.
martes, 21 mar 2023
O goberno local desenvolve ata o 1 de abril a campaña “Vigo, a cidade dos espazos verdes” cunha exposición e xardín efémero en distintos puntos da cidade onde a cidadanía pode participar e gañar unha camelia ou unha oliveira.
martes, 21 mar 2023
A Corporación Municipal aprobou por unanimidade a concesión da Medalla de Ouro, a título póstumo, a Ceferino de Blas e a Medalla da Cidade a Estaleiros Armón. O nomeamento das Vigueses e Vigueses Distinguidos foi aprobada cos votos favorables de tódolos grupos agás a abstención do concelleiro non adscrito.
martes, 21 mar 2023
Hoxe á noite comezarán os traballos para a renovación do asfaltado da rúa Cervantes. Esta semana tamén comeza o asfaltado da rúa Nigrán. O Concello humanizará ao redor de 70 rúas nas próximas semanas.
martes, 21 mar 2023
O alcalde convidou á cidade a gozar desta ópera bufa, unha das grandes obras mestras da comedia dentro do ámbito lírico, na primeira ocasión que se representa na cidade.
martes, 21 mar 2023
Abel Caballero visitou este martes as instalacións do centro educativo, situado na Gran Vía, mentres o alumnado de terceiro e cuarto de Primaria participaba no obradoiro didáctico e musical impartido pola organización da festa. Con esta actividade, as nenas e nenos achéganse á historia da festa e prepáranse musicalmente musicalmente para celebrar a Reconquistiña o vindeiro xoves, día 30, con outros centros educativos da cidade.