Escoitar

O goberno municipal organiza campamentos para persoas con diversidade funcional en Semana Santa

A finalidade do programa é permitir a conciliación da vida familiar e laboral para as familias viguesas. O Concello pon en marcha varios cursos de formación para voluntarios durante os meses de marzo, abril e maio.

luns, 20 mar 2023

O alcalde anunciou esta mañá a apertura das inscricións para as actividades de Semana Santa do programa Vigo Inclusivo. Como relatou Caballaero, “trátase dun programa de lecer e tempo libre que estamos a implementar dende o Concello de Vigo, dirixido a persoas con diversidade funcional”.

Este programa incluirá a realización de actividades inclusivas de carácter lúdico e dinámico, excursións e actividades culturais, ademais de talleres e actividades específicas. Esta destinado para maiores de tres anos de idade e que estean empadroados no municipio. A finalidade deste programa é a de permitir a conciliación familiar nos períodos non lectivos (Semana Santa, verán e nadal); ademais de favorecer a educación non formal e o desenvolvemento integral de persoas con diversidade funcional.

Para as actividades de Semana Santa ofértanse dous tipos. Por un lado, ofrécense 75 prazas no campamento de Semana Santa que se levará a cabo os días 3, 4, 5 e 10 de abril no Verbum, en horario de 09:00 a 14:00. A segunda opción será o campamento que se realizará no pavillón de Travesas, nas mesmas datas e horarios. Este segundo campamento é en colaboración coa Concellería de Xuventude, presentado a semana pasada, na que se reservan 25 prazas destinadas a diversidade funcional. Todas as persoas interesadas en participar nestes campamentos deben presentar por rexistro do Concello de Vigo antes do luns 27 de marzo.

Cursos de formación para voluntarios

O Concello de Vigo pon en marcha varios cursos de formación para voluntarios, que se desenvolveran entre os meses de marzo, abril e maio. Realízanse nas aulas do Centro Municipal de distrito de Bouzas de 17:00 a 21:00 horas. Os interesados deberán inscribirse a través do teléfono 010.

O número de voluntarios foi crecendo ano tras ano, situándonos nestes momentos con máis de 700 persoas rexistradas na Oficina do Voluntariado. Como enfeitizou o rexedor, “son persoas que ademais de prestar a súa axuda en accións puntuais, colaboran con entidades sociais, eventos culturais, e deportivos da cidade durante todo o ano”.

Programación de cursos:

  • Básico de iniciación ao voluntariado (Mércores 29 e xoves 30 de marzo)
  • Participación efectiva en eventos culturais e musicais (Martes 11 de abril)
  • Claves para un bo acompañamento a persoas maiores (Mércores 12 de abril)
  • Xestión e manexo de o estrés para persoas voluntarias (Martes 18 e mércores 19 de abril)
  • Participación efectiva en actividades deportivas (Xoves 20 de abril)
  • Habilidades de comunicación para persoas voluntarias (Martes 25 e mércores 26 de abril)
  • Prevención de riscos na acción voluntaria (Xoves 27 e venres 28 de abril)
  • Primeiros auxilios básico (Martes 2 e mércores 3 de maio)

 

Descargar todas as imaxes