O Concello activa mañá a reserva das primeiras 1.000 invitacións para o concerto de Amaral

luns, 20 set 2021

O aforo para o concerto de Amaral que se organizará o sábado 25 nos aparcamentos de Samil é de 2.300 persoas. Para poder asistir, as primeiras mil invitacións estarán dispoñibles mañá nun enlace na web municipal (500, ás 10,00 h e outras 500, ás 18,00 h). O mércores 22, lanzaranse outras 1.300 entradas de balde, divididas nos mesmos bloques horarios.

Os artistas do II Desafío Audiovisual Illas Cíes crearán as súas novas obras no arquipélago do 12 ao 22 de setembro

venres, 17 set 2021

Abel Caballero presentou esta mañá o II Desafío Audiovisual Illas Cíes, unha iniciativa que levará ás illas do 19 ao 22 de setembro a dez equipos de artistas que reflectirán distintas visións do arquipélago nos seus traballos fotográficos e de vídeo. “Seguimos promovendo a nosa candidatura de Cíes a Patrimonio da Humanidade, mentres que a Xunta demostra que só quixo obstaculizar o noso traballo”, advertiu o rexedor en declaracións aos medios.