O Concello activa mañá a reserva das primeiras 1.000 invitacións para o concerto de Amaral
O aforo para o concerto de Amaral que se organizará o sábado 25 nos aparcamentos de Samil é de 2.300 persoas. Para poder asistir, as primeiras mil invitacións estarán dispoñibles mañá nun enlace na web municipal (500, ás 10,00 h e outras 500, ás 18,00 h). O mércores 22, lanzaranse outras 1.300 entradas de balde, divididas nos mesmos bloques horarios.
O alcalde avanzou esta mañá o proceso para facerse coas invitacións para asistir o sábado 25 de setembro ao concerto de Amaral, que se celebrará ás 22,00 nos aparcamentos de Samil máis próximos ás instalacións deportivas. Tal e como explicou o rexedor, aforo é de 2.300 persoas e vanse establecer tres grupos burbulla que se corresponderán con tres ámbitos separados dentro do propio recinto.
O Concello activará mañá martes web municipal unha ligazón á plataforma na que solicitar un máximo de dous entradas por solicitude e sacará cincocentas ás 10 horas e outras tantas ás 18 horas. A finalidade de dividir o reparto das invitacións en dous tramos horarios ao longo do día é facilitar o acceso. Un 5% destas entradas se reservarán para persoas con discapacidade. Respecto deste primeiro bloque de 1.000 entradas, o alcalde aconsellou o uso da tarxeta Passvigo. A segunda burbulla, detallou, sairá o mércores 23, ás 10,00 h, con 650 entradas de balde e a terceira, o mesmo día, ás 18,00 h.
Ademais, explicou o rexedor, Vitrasa facilitará lanzadeiras para favorecer os desprazamentos despois do concerto.