venres, 21 mar 2014
Correspondente a 2014, o Concello aprobou este venres a concesión de 291.000 euros aos centros de Educación Infantil e Primaria de Vigo para que os propios consellos escolares efectúen obras de mantemento ordinario nos colexios. A Xunta de Goberno Local acordou asemade aprobar o convenio para a realización da Reconquista, cun incremento da achega municipal total ata os 85.000 euros.
mércores, 19 mar 2014
O alcalde, Abel Caballero, encabezou este mércores a representación municipal no acto de colocación da primeira pedra da nova escola infantil de Navia, ubicada xunto ao colexio Castelao, que conta cun orzamento de máis de 700.000 euros e un prazo estimado de execución de 7 meses.
mércores, 12 mar 2014
O período de entrega de solicitudes de renovación ou de novo ingreso para acceder ás escolas infantís municipais comeza o 14 de marzo e remata o 4 de abril de 2014. A Xunta de Goberno Local en sesión do 7 de marzo de 2014, aprobou as Normas para a adxudicación de prazas nas escolas infantís municipais 0-3 (EIM) para o curso 2014/2015.
venres, 7 mar 2014
As seis escolas infantís en marcha nestes momentos ofertarán para o curso que ven 546 prazas, ás que habrá que sumar outras 100 do centro de Mestres Goldar que, segungo avanzou o rexedor, tamén funcionará a partir de setembro, unha vez rematados pequenas obras pendentes na construcción. O prazo de solicitude estenderase desde o 14 de marzo ao 4 de abril.
mércores, 5 mar 2014
O programa "A telón quitao" é un espazo aberto a creatividade no que os alumnos/as da Escola Municipal de Teatro de Vigo (EMT) mostran as súas propias creacións artísticas.
mércores, 26 feb 2014
Arquitectos municipais elaborarán un informe detallando as deficiencias estructurais que sufre o colexio Vicente Risco, documento que, a continuación, será remitido á Xunta para que acometa as obras precisas. Así llo trasladou esta mañá o rexedor á dirección e representantes das anpas do centro público vigués.
xoves, 20 feb 2014
O alcalde colaborará co intercambio de alumnos de Polonia que organiza o colexio Alborada, igual que o fixo o curso pasado. Así llo transmitiu hoxe xoves o rexedor á directiva do centro educativo durante un encontro no que lle avanzaron que en maio chegará un grupo de estudantes polacos dentro dun programa de inmersión lingüística.
venres, 14 feb 2014
Vigo conta con seis escolas infantís funcionado, unha maís, a de Mestres Goldar, a piques de rematar e contará coa de Navia antes de que finalice este ano. Esta cifra supón, segundo explicou o rexedor, duplicar o número de garderías operativas no 2007. Os orzamentos de 2014 reservan 1,5 millóns nesta partida.
mércores, 12 feb 2014
Máis de 1.500 nenos e nenas de Primaria, entre 6 e 12 anos, pertencentes a 14 colexios da cidade participaron neste certame baixo a temática "Un bonito sono no Nadal". O alcalde entregou os premios aos 13 galardoados no Concurso, onde destacou a participación do Colexio Apóstol (con 470 debuxos) e do Colexio de Educación Especial Saladino Cortizo (cunha alumna entre os premiados).
venres, 31 xan 2014
O programa "A telón quitao" é un espazo aberto a creatividade no que os alumnos/as da Escola Municipal de Teatro de Vigo (EMT) mostran as súas propias creacións artísticas.A próxima representación terá lugar o vindeiro venres 31 de xaneiro no auditorio da Escola Superior de Arte Dramático (ESAD), sito na rúa Poza Cabalo s/n, ás 18:30 horas. A entrada será libre ata completar o aforo.