Caballero recibiu a alumnos franceses de intercambio co IES A Guía

xoves, 5 xuñ 2014

O alcalde saudou este xoves aos estudantes dun instituto de Lorient, en Francia, de visita na cidade por un intercambio co alumnado do IES A Guía. Trátase de xornadas de confraternización entre os centros de ambos países para mellorar o idioma, fomentar a convivencia entre os alumnos e preparar futuros intercambios

Obradoiros de teatro no verán

martes, 3 xuñ 2014

A Escola Municipal de Teatro organiza no mes de xullo os obradoiros monográficos de "Creación teatral", "Interpretación ante a cámara" e "Teatro Musical" dirixidos a persoas maiores de 15 anos. O prazo de preinscrición para estes obradoiros comezará o 9 de xuño e finalizará o 24 de xuño.

O alcalde anuncia para setembro o traslado da UNED de Vigo a un novo edificio "referencial"

luns, 5 mai 2014

Caballero avanzou este luns que a sede viguesa da Universidad Nacional de Educación a Distancia mudará a un "gran edificio" a partir do novo curso, un "lugar referencial" que non desvelou para acoller as cinco novas titulacións aprobadas para Vigo e con capacidade para ampliar a oferta formativa. O Concello, cun orzamento de 200.000 euros, asume a totalidade do custo da UNED viguesa.

O Concello concederá este ano 350 bolsas para estudar idiomas no estranxeiro

luns, 7 abr 2014

Caballero entrega hoxe luns 46 bolsas aos alumnos da Escola Oficial de Idiomas de Vigo, que gozarán de estancias lingüísticas no Reino Unido, Francia, Alemaña, Italia, Portugal, China e Xapón, subvencionadas polo Concello. No orzamento deste ano, o goberno local recupera as bolsas de inglés para 300 alumnos de Secundaria, cunha partida de 700.000 euros, e dependendo do nivel de renda.

A Escola Municipal de Teatro de Vigo presenta "Trazos nas Táboas"

mércores, 2 abr 2014

A Escola Municipal de Teatro de Vigo realizará esta fin de semana o evento "Trazos nas Táboas", representación de pezas breves de micro-teatro. A actividade nace coa intención de incentivar a creatividade na nosa comunidade educativa, así como de dar a coñecer a existencia e actividades que desenvolve a Escola Municipal de Teatro (EMT).