venres, 8 ago 2014
Abel Caballero informou este venres da aprobación do procedemento aberto do servizo de xestión e transporte dos desprazamentos escolares deste programa educativo, destinado a que o alumnado coñeza os distintos puntos de interese da cidade.
mércores, 30 xul 2014
O alcalde de Vigo anunciou hoxe que a partir de 2015 o Auditorio Mar de Vigo contará cunha sala de estudo de 200 m2. Así llo transmitiu esta mañá aos representantes de alunmnos da Universidade que durante un encontro lle solicitaron máis espazos de lectura na cidade.
venres, 18 xul 2014
O alcalde deu conta este venres do acordo, adoptado pola Xunta de Goberno Local, polo que 203 alumnos de 3º de ESO da escola pública e 87 máis da rede concertada poderán cursar unha estancia no estranxeiro para aprender inglés, cunha bolsa municipal do programa "Vigo en Inglés 2014". O Concello de Vigo destina 700.000 euros ao efecto.
mércores, 2 xul 2014
O alcalde rubricou o acordo polo que o goberno de Vigo achega 606.000 euros á Federación Olívica de Asociacións de Pais e Nais de Alumnos para a realización de actividades extraescolares e a xestión das achegas de comedor. O Concello adica máis 2 millóns de euros para conceder 5.000 bolsas.
venres, 27 xuñ 2014
Durante este verán, o Concello realizará obras de accesibilidade en 21 centros públicos da cidade cun orzamento de 300.000 euros. Asi mesmo, o goberno local organiza un ano máis o Lecer no verán, un programa de respiro familar para persoas con discapacidade.
xoves, 26 xuñ 2014
O Concello de Vigo rubrica un convenio cos directores dos centros educativos da cidade para poder xestionar as bolsas de comedor escolar e subvencionar aos nenos de 84 colexios. Abel Caballero recordou que a achega total ao efecto aproxímase aos dous millóns de euros, beneficiando a 5.000 escolares.
venres, 20 xuñ 2014
A escola Municipal de Arte e oficios inaugura esta tarde ás 20:00 h, a exposición "Novos Produtos" no que participan todas as especialidades da Escola. A mostra producida pola Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, está comisariada por Alba Pardo e Marián Núñez (mestras de Serigrafía artística e Encaixe de Palillos na EMAO).<br />
xoves, 19 xuñ 2014
Neste espazo pedagóxico teatral impartiranse obradoiros especializados de diferentes áreas e terán como obxectivo ofrecerlles aos futuros alumnos/as recursos técnicos e creativos para a súa formación complementaria. Estes obradoiros versarán sobre materias como creación teatral, interpretación ante a cámara (cine ou tv) e teatro musical. Terán unha compoñente fundamentalmente práctica e están destinados a persoas maiores de 15 anos, actores, actrices, animadores teatrais, directores/as teatrais, bailaríns/as e afeccionados ao teatro.
venres, 13 xuñ 2014
Segundo informou Caballero, o goberno de Vigo aprobou o convenio coa Federación de Pais e Nais de Alumnos, unha aportación de 606.000 euros para que a entidade xestione parte das 5.000 bolsas de comedor que outorga o Concello. O alcalde recordou que, por primeira vez, non existe lista de agarda para recibir esta axuda.
mércores, 11 xuñ 2014
Abel Caballero achegouse hoxe mércores ata o colexio Alfonso Rodríguez Castelao para comprobar o resultado das obras da cuberta para o patio e a pista deportiva. O importe destes traballos foi de 154.000 euros que foron asumidos en exclusiva polo Concello a "pesar de ser un compromiso e unha obriga da Xunta de Galicia".