O alcalde anuncia a concesión de 100.000 euros para que 72 alumnos da Escola de Idiomas estuden no estranxeiro

venres, 25 nov 2011

Tras a Xunta de Goberno Local celebrada este vernres, Abel Caballero informou da aprobación da concesión de 72 bolsas de estudos para os alumnos da Escola Oficial de Idiomas de Vigo, achegas cun investimento total de 100.000 euros polas que os beneficiarios poderán aprender inglés, francés, alemán, italiano ou portugués nos países de orixe. Tamén celebrada hoxe, a Xerencia de Urbanismo xestionou licenzas por importe de 1,2 millóns de euros.

Caballero asina un convenio para que os institutos públicos usen gratis as instalacións deportivas municipais

mércores, 23 nov 2011

Un convenio regulará desde hoxe a colaboración entre cinco institutos públicos da cidade e o IMD para que 1.500 estudantes poidan usar as instalacións deportivas públicas de xeito gratuito. Caballero reseñou o empeño do Goberno municipal "na liña de cooperar cos centros públicos" polo que será o Concello o que asuma os máis de 22.000 euros que supón o uso destas instalacións.

O alcalde anuncia a realización dunha auditoría enerxética para mellorar o sistema térmico dos colexios públicos

mércores, 16 nov 2011

A Xunta de Goberno Local deu luz verde á solicitude dunha subvención para realizar a auditoría en nove centros de Infantil e Primaria de Vigo, co dobre obxectivo de mellorar o sistema de calefacción e, a través do aislamento, aforrar consumo e emitir menos gases de efecto invernadoiro. Abel Caballero adiantou este mércores que "imos estendelo a todos os colexios públicos de Vigo".

Ao longo do presente ano, teñen participado 2355 escolares de 13 centros escolares da nosa cidade, pertencentes a 130 aulas de educación infantil e primaria

A Concellería de Educación culmina con grande éxito de participación a "Mostra Itinerante 2011"

mércores, 9 nov 2011

A "Mostra Itinerante 2011", iniciativa didáctica municipal que promove o Servizo Municipal de Educación en colaboración co artista vigués Mingos Teixeira, remata unha nova edición este mércores 9 de novembro no Ceip García Barbón, na procura de seguir contribuíndo a desenvolver a creatividade no alumnado de educación infantil e primaria, a través do achegamento a arte no propio contexto escolar.

Caballero informa da concesión de 62.000 euros para 48 asociacións de nais e pais de alumnos de centros públicos

martes, 8 nov 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este martes da tramitación dos pagos da achegas a 48 asociacións de nais e pais de alumnos e alumnas doutros tantos centros públicos de Vigo, unha achega total de 62.000 euros "consignada, pactada e acordada", sobre a que a edil de Educación, Raquel Diaz, informa hoxe aos responsables da Federación Olívica de ANPAS.

O Consello Escolar de Vigo reproba a política educativa da Xunta

venres, 4 nov 2011

O Consello Escolar Municipal reprobou as medidas e actuacións que a Xunta está a por en práctica en detrimento do ensino e, en especial, do ensino píblico. Tamén aprobou o plan de traballo anual sobre mapa escolar, comedores, instalacións deportivas e infraestructuras e mantemento. Estes acordos tomáronse na sesión plenaria do Consello celebrada o pasado día 3 de novembro no Instituo Municipal de Educación.

O rexedor trasladará ao Pleno a solicitude do centro educativo Rosalía de Castro para ser nomeado Vigués Distinguido

mércores, 2 nov 2011

Abel Caballero entrevistouse este mércores coa asociación do centro educativo Rosalía de Castro, que está a celebrar o seu 50 aniversario, para solicitoulle ao alcalde vigués que considere designar á entidade Vigués Distinguido no próximo mes de marzo. O primeiro edil, quen eloxiou o traballo do centro, indicou que trasladará a petición ao Pleno da Corporación.

O goberno local contrata a construción dunha escola infantil municipal na Doblada

venres, 28 out 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe venres a contratación en Xunta de Goberno Local dunha nova escola infantil municipal en Martínez Garrido 29, para o que o Concello adica 300.000 euros. Trátase do segundo centro infantil contratado polo goberno nunha semana, tras o aprobado o pasado venres para Navia. O rexedor recordou que as escolas de Tomás Alonso e Casiano Martínez están "a punto de abrir".

Os comedores escolares desenvolven o programa "Pescado la Mar de Sano"

xoves, 27 out 2011

Este venres 28 os 31 comedores escolares que xestionan as Anpas dos centros públicos de educación infantil e primaria, no marco do convenio de colaboración que ten asinado o Concello de Vigo e a Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de alumnos/as (FOANPAS), acollerán a xornada didáctica "Pescado la mar de sano" de fomento do consumo de peixe entre os 2.300 escolares usuarios deste servizo complementario.