IV Xornadas Municipais de Teatro Escolar

martes, 21 mai 2013

Os días 21, 22, 23, 27, 28 e 29 de maio o Auditorio Municipal do Concello de Vigo, albergará, baixo a dirección técnica da Escola Municipal de Teatro, as IV XORNADAS MUNICIPAIS DE TEATRO ESCOLAR, nas que participarán máis de 400 novos actores e actrices pertencentes a 15 centros de educación primaria e aos grupos de nenos/as da Escola Municipal de Teatro de Vigo. Estas xornadas posibilitan unha experiencia de participación aberta a toda comunidade educativa: alumnado, profesorado, familias e contorno.

Biblioteca da EMAO, venres 10 de maio ás 19:00 horas

Conferencia "O contexto artístico de Emilio Fernández Rodal" na Escola de Artes e Oficios de Vigo

xoves, 9 mai 2013

Dentro das actividades complementarias da Exposición Emilio Fernández Rodal (1912-1972). Retrato de Sociedade dun artista vigués, que se exhibe, ata o día 6 de xuño, na sala de exposicións (Espazo EMAO) da Escola de Artes e Oficios de Vigo, Beatriz De San Ildefonso, conservadora da Museo de Pontevedra e especialista en pintura galega contemporánea, impartirá a conferencia titulada "O contexto artístico de Emilio Fernández Rodal: as claves da súa pintura". O acto terá lugar na Biblioteca da Escola de Artes o venres 10 de maio ás 19:00 horas, con entrada libre ata completar o aforo.<br />

O Consello Escolar Municipal de Vigo rexeita o proxecto de Decreto de comedores da Consellería de Educación

mércores, 24 abr 2013

O Pleno do Consello Escola Municipal aprobou unha moción presentada por unha das súas comisións de traballo, a Comisión de Equipamentos e Planificación Educativa, con maioría de votos a favor (18 votos) e co único voto en contra do representante da administración educativa competente. O texto insta ao goberno autonómico a facerse cargo de todos os comedores de centros públicos.

Poderán participar todos os alumnos e alumnas de Educación Infantil, Primaria e Secundaria<br /> dos centros educativos de Vigo

O Concello de Vigo promove unha nova edición do IV CERTAME DE ARTE INFANTIL

martes, 23 abr 2013

O Concello presenta unha nova edición do "IV Certame de Arte Infantil" para a promoción da creatividade na escola, que vai dirixido a toda a Comunidade Educativa da nosa cidade. Por cuarto ano consecutivo, os alumnos e alumnas de Educación Infantil, Primaria e Secundaria dos Colexios de Vigo poderán presentar os seus traballos máis creativos para participar neste Certame, que xa se consolidou como a gran festa da creatividade e a arte.