luns, 1 ago 2011
Abel Caballero asinou este luns o convenio anual coa Federación Olívica de Nais e Pais de Alumnos e Alumnas de Vigo e comarca (FOANPAS) pola que o Concello inviste medio millón de euros para actividades e sufragar parte das bolsas de comedor escolar. En total, sumando a parte do departamento municipal de Política do Benestar, o Concello outorgou o último ano 2.000 achegas por 1,2 millóns de euros.
martes, 26 xul 2011
PSOE e BNG instan á Xunta á realizar de xeito inmediato os investimentos que precisan os colexios públicos da nosa cidade. Nunha moción que defendeu a concelleira socialista Raquel Díaz, reclaman á Administración autonómica que acometa as obras necesarias para garantir unhas condicións de escolaridade mínimas esixibles para os nenos e as nenas.
venres, 22 xul 2011
Tras a Xunta de Goberno Local, o alcalde informou da aprobación do convenio con FOANPA, nais e pais de alumnos, polo que o Concello achega 476.000 á entidade para realizar actividades extraescolares e completar as becas de comedor que concede o goberno de Vigo. O importe destinado no orzamento de 2011 ao efecto ascende a uns 800.000 euros, case o triple que catro anos atrás. O alcalde ratificou o seu compromiso de conceder as axudas a todos os escolares que o precisen e cumpran os requisitos.
martes, 19 xul 2011
Tras unha reunión co diretor do campus do noroeste da UNED, Abel Caballero anunciou que a apertura do Centro internacional de Vigo está prevista para o segundo cuatrimestre do próximo curso 2011-2012. O primeiro paso será a constitución do Consorcio Universitario, que xa conta coa participación da UNED e do Concello vigués, á falta dunha resposta á invitación cursada á Deputación de Pontevedra e á Xunta de Galicia. Caballero avanzou que invitará a institucións privadas do ámbito económico e social.
Vigo lidera este proxecto, dentro do programa Cultura da Unión Europea
xoves, 30 xuñ 2011
A delegación viguesa, formada por técnicos da Concellería de Educación, Director e mestres da e-Trad e pola Orquestra Sondeseu, desenvolverá diversas sesións de traballo e abrirá o festival Céltica 2011 no val alpino de Aosta.
xoves, 30 xuñ 2011
O alcalde de Vigo clausurou este xoves a XXII Olimpiada Matemática, que celebrouse na cidade desde o pasado 26 de xuño, ante un centenar de persoas aproximadamente. Caballero tamén participou da entrega de premios, previa ao paseo polos xardíns históricos do Pazo Museo Quiñones de León. O evento estivo organizado pola Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática e contou coa colaboración da Concellería de Educación.
luns, 27 xuñ 2011
A Xunta de Goberno Local do pasado venres aprobou a modificación do contrato para ampliar o número de prazas dos estudantes de 3º da ESO, chegando ás 290 bolsas, máis as 150 destinadas aos centros concertados. O alcalde recordou que a Escola Oficial de Idiomas recibe outras 70 axudas para estudar idiomas no estranxeiro, totalizando en 2011 510 bolsas de inglés, cun investimento superior a 1,1 millóns de euros.
Trátase dunha actividade complementaria da Escola Municipal de Música de Vigo
venres, 24 xuñ 2011
Promovido pola concellería de Educación pretende formar un grupo de persoas que representen composicións de diversos estilos. Summus Lac busca romper coa perspectiva de coro tradicional creando dinamismo na escena de forma sonora e visual.
xoves, 23 xuñ 2011
A concelleira de Educación, Raquel Díaz, inaugurará o "II Certame de Arte Infantil" mañá venres 24 de xuño ás 17:00 horas. A iniciativa municipal remata o curso cunha mostra dos traballos elaborados neste 2010-2011. Conta coa achega de 850 escolares vigueses que participaron nos certames de Arte Postal, Banda Deseñada e Arte Infantil.