Escoitar

A UNED estudará o mércores implantar as cinco titulacións solicitadas para a sede de Vigo

O alcalde anunciou este venres que a xunta reitora do Padroado se reunirá o próximo día 30 de abril e valorará a solicitude, cursada desde Vigo, de impartir na cidade olívica os graos de Dereito, Enxeñería en Tecnoloxías da Información, Enxeñería Informática, Turismo e Educación Social desde o próximo curso 2014/15.

venres, 25 abr 2014
O alcalde apuntou que a devandita sesión "ten que ser a ratificación do avance" da instalación da Universidade Nacional de Educación a Distancia "na primeira cidade de Galicia, na que máis alumnos ten matriculados de toda Galicia", polo que amosou a súa "expectación" polo resultado da mesma.