martes, 18 out 2016
O alcalde mantivo un encontro este martes coa Agrupación de Veteranos do Fútbol de Vigo que congrega a 110 equipos de toda a Área Metropolitana, dos que corenta e cinco son do municipio olívico e o resto pertencen a concellos da área metropolitana. Abel Caballero transmitiulles que contarán coa colaboración do Concello para continuar participando na liga de veteranos dándolles cobertura para que se manteñan nesta competición e na práctica do deporte, unha acción que contribúe a facer cidade, segundo apuntou. <br />
martes, 18 out 2016
Os traballos de cubrimento da cuberta de Tribuna con tiras de alumnio azul celeste arrancarán en breve, unha vez anclada a armazón. Ao mesmo tempo, dixo o alcalde, xa está en licitación a reforma da grada de Río, por un valor superior aos seis millóns de euros.
luns, 17 out 2016
A Xunta de Goberno Local tamén deu luz verde ao expediente de contratación das obras de humanización da rúa Llorente cun importe de 218.000 euros e ao Plan de seguridade e saúde das obras de renovación das redes de saneamento e abastecemento da Avenida de Galicia en Teis.
xoves, 13 out 2016
É o compromiso que sae da reunión mantida este xoves entre Abel Caballero e os membros da Comunidade de Montes de Zamáns que lle presentaron un anteproxecto da nova infraestrutura. Ademais, a Xunta de Goberno Local aprobou axudas para obras en espazos privados de uso público. <br />
xoves, 13 out 2016
Abel Caballero inaugurou esta mañá unha obra do artista Álvaro de la Vega que rende homenaxe aos olímpicos e paralímpicos vigueses e, por estensión, aos afeccionados en xeral. Durante o acto, que contou coa actuación de ACOPOVI, o alcalde insistiu en que "Vigo sempre quixo facer do deporte unha bandeira".
xoves, 6 out 2016
Abel Caballero visitou este xoves xunto coa tenente de alcalde e presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o Estadio Municipal de Balaídos para observar a evolución dos traballos que se están acometendo na reforma da grada Tribuna. Alí puxo en valor a "gran acción" realizada na estrutura e o labor do enxeñeiros civís responsables da obra.
mércores, 5 out 2016
A temporada 2016/2017 do programa de apoio ao deporte base e aos clubs da cidade comeza este mércores baixo o lema "Somos Siarei@s, Somos deporte" co obxectivo de contribuír a converter o deporte e os seus valores nun dos cimentos da sociedade viguesa.
mércores, 5 out 2016
O XXI Cross Escolar El Castro San Miguel cumpre vinte anos de vida e celébrao coa vixésima primeira edición da proba, este domingo no parque municipal de Castrelos (10:00 horas).
martes, 4 out 2016
O goberno local aprobou a licitación das obras de Río en Balaídos, cun orzamento de 6,7 millóns e un prazo de execución de doce meses. Hoxe mesmo, colocouse ademais a metade da estrutura metálica que cubrirá a grada de Tribuna, unha peza de 56 toneladas de peso e 60x205 metros.
xoves, 29 set 2016
Abel Caballero presidiu este xoves a recepción que o Concello ofreceu aos responsables do Celta, do Panathinaikos grego e da UEFA no Pazo de Castrelos con motivo do partido que enfronta aos dous equipos esta tarde en Balaídos. O alcalde celebrou o regreso á competición europea do Celta eloxiando o traballo do equipo e do presidente e agradeceu a cooperación da UEFA ante as obras de remodelación do Estadio Municipal de Balaídos para facer "o mellor campo do mundo" polo que dixo ser hoxe "o alcalde máis feliz do mundo".