O Concello aproba modificacións no proxecto para reforzar a cuberta da grada de Río
A Xunta de Goberno Local autoriza cambios técnicos para asegurar a cuberta na parte onde ataca o vento do sur en Balaídos. A obra, financiada de forma íntegra por Concello e Deputación, ten un importe de 5,5 millóns de euros.
O alcalde informou este xoves da aprobación na Xunta de Goberno Local da autorización do expediente de modificación do proxecto de obras de reforma da grada de Río do Estadio Municipal de Balaídos. Os cambios técnicos supoñerá o reforzo da cuberta na parte de ataque do vento "onde azouta dunha forma extraordinaria" e que provocou o incidente o pasado mes de febreiro, engadindo que "seguramente aínda a imos reforzar máis".
Ademais, a modificación aprobada inclúe a substitución das redes de saneamento xeral e de abastecemento de agua existentes na grada, a unificación das canalizacións para redes de electricidade e telecomunicacións, a mellora do peche inferior da fachada para facelo homoxéneo coa grada de Tribuna, o reforzo da seguridade na protección contra incendios e raios na propia grada de Río e tamén nas contiguas de Marcador e Gol.
A obra en marcha, por valor de 5,5 millóns de euros, está financiada na súa totalidade polo Concello e a Deputación, polo que o alcalde demandou novamente financiamento da Xunta de Galicia que lle ten dedicado "cero euros" á renovación de Balaídos.