O goberno local amplía a Escola de Música de Beade cun investimento de 463.000 euros
Segundo apuntou o rexedor, o obxectivo do Concello é ampliar as instalacións que emprega a Banda de Música da Escola. Amais o Concello destinará 165.000 euros á instalación de novos bancos na cidade e 130.000 para renovar árbores e plantas.
A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves o expediente de contratación por procedemento aberto das obras de acondicionamento e mellora da Escola de Música de Beade e da súa contorna, que teñen un importe máximo de 463.000 euros entre os anos 2017 e 2018. "Imos ampliala e vai quedar de cine", apuntou Abel Caballero, que indicou que o prazo estimado das obras é de cinco meses nos que se actuará no interior e exterior da infraestrutura.
Amais, o alcalde deu conta das melloras que se van realizar no Instituto de Educación Secundaria de Beade, cunha renovación importante de toda a rede de saneamento na súa contorna para mellorar o seu funcionamento e, ao mesmo tempo, o Concello acometerá obras nos vestiarios do pavillón deportivo do centro, que se atopan en mal estado.
Bancos e árbores
A Xunta de Goberno Local tamén deu luz verde ao expediente de contratación por procedemento aberto do subministro de bancos por un importe de 165.000 euros nos próximos catro anos, nos que se instalarán arredor de 1.000 novas unidades na cidade. Amais, quedou aprobado o expediente de contratación do subministro de árbores, arbustos e planta de temporada cun investimento de 130.000 euros para o período 2017-2020.