Escoitar

O goberno de Vigo adxudica este xoves os proxectos de humanización das estradas do Porto e da Provincial

O alcalde avanzou este mércores que a Xunta de Goberno Local aprobará mañá a clasificación de ofertas -antiga adxudicación provisional- para redactar os proyectos de humanización da Estrada do Porto e da Estrada Provincial. Caballero recordou que son dúas demandas históricas na cidade que finalmente se reformarán con investimento do Concello e da Deputación.

mércores, 9 ago 2017
O proxecto para humanizar a Estrada do Porto, en Beade, ten un custo de 111.000 euros, explicou Abel Caballero, para unha reforma na que Deputación e Concello investirán tres millóns e medio de euros. No caso da Provincial (Emilia Pardo Bazán), a redacción do proxecto ascende a 73.000 euros e a humanización da rúa terá un custo doutros tres millóns de euros máis.

O alcalde recorcou que solicitara á Deputación de Pontevedra o arranxo destas dúas estradas, de competencia provincial, en mandatos anteriores, e que é agora, co novo goberno da Deputación presidido pola tamén tenente de alcalde viguesa Carmela Silva, que se vai acometer estas demandadas humanizacións, cun investimento total entre Concello e Deputación de seis millóns e medio de euros.