Escoitar

O Concello adica case un millón de euros a melloras en pavillóns deportivos

O alcalde visitou este mércores o pavillón das Travesas, onde o Concello actuou sobre a pista central e a vermella, onde se instalou un novo pavimento aeroelástico. O goberno de Vigo inviste case un millón de euros este ano nos pavillóns de Travesas, da ETEA, de Monte da Mina e de Teis.

mércores, 2 ago 2017
1501676012vermella.jpg
O alcalde incidiu este mércores na "atención especial ás instalacións deportivas" que está a prestar o goberno que dirixe, un dos "obxectivos" na cidade e que conleva, no que levamos de ano, un investimento próximo ao millón de euros en melloras en pavillóns deportivos.

Segundo explicou Caballero, o Concello remodelou a pista central das Travesas e renovou o pavimento da pista vermella. Nesta última, a administración local investiu máis de 100.000 euros para un novo solo aeroelástico composto por unha superficie de taboleiros contrachapados e rematados madeira que aporta elasticidade ao pavimento, cunha estrutura total de seis centímetros de altura.

O Concello, engadiu o alcalde, tamén traballa na mellora doutros pavillóns deportivos municipais, como son o novo recinto deportivo da ETEA, o pavillón de Monte da Mina e o de Teis. En total, incluíndo as obras nas Travesas, o goberno de Vigo achégase ao millón de euros en actuacións en pavillóns deportivos no que levamos de ano.
Descargar todas as imaxes