Vigo acollerá por primeira vez en España un campionato internacional de Street Stunts

mércores, 29 xul 2015

O alcalde participou este mércores na presentación de Vigo Street Stunts International 2015, onde os 16 mellores saltadores do mundo tomarán parte no evento que se celebrará os días 11 e 12 de setembro. Un destacado elenco de actuacións arropará o espectáculo, que terá lugar na explada do Náutico. Caballero felicitou aos organizadores e ve o evento como un proxecto de "longo percorrido" na cidade.

O alcalde felicita ao Alerta Navia de fútbol femnino polo ascenso e a Copa Federación

luns, 20 xul 2015

Abel Caballero felicitou esta mañá as xogadoras do Alerta Navia Fútbol, gañadoras da copa Federación de Galicia de fútbol feminino e campionas da Liga Autonómica B. Durante a recepción a estas deportistas, que veñen de ascender á Primeira Liga Autonómica, o rexedor subliñou a importancia do fútbol feminino e lembrou a implicación do Concello coas políticas de igualdade, dous días despois de recibir en Madrid o galardón Rosa Manzano, convertíndose Vigo na única cidade premiada con este recoñecemento ás políticas en defensa das mulleres.

Caballero anuncia unha aumento "importante" das subvencións aos clubs e ao deporte de base

mércores, 15 xul 2015

Así o avanzou no acto de inauguración do campo federativo de fútbol de Coia, remodelado integralmente. O alcalde apuntou que este mesmo mércores abordou co edil de Facenda unha "reforma urxente para aumentar de forma importante, xa este mesmo ano, os recursos" para os clubs e o deporte de base vigués. Segundo explicou Caballero, en dous meses podería estar dispoñible a nova dotación orzamentaria.

O XIII Trofeo Cidade de Vigo de fútbol praia pecha esta fin de semana o programa Verán deportivo en Samil

xoves, 9 xul 2015

O programa Verán Deportivo, en Samil, chega ao seu fin coa disputa do XIII Trofeo Cidade de Vigo de fútbol praia esta fin de semana nas instalacións de Vigoarena, o espazo acoutado no areal vigués para diversas modalidades deportivas de praia. O torneo está auspiciado pola Federación Galega de Fútbol e incluído no campionato autonómico desta disciplina.

Os árbitros de Vigo poderán usar de balde as pistas de atletismo de Balaídos para os seus adestramentos

venres, 3 xul 2015

Abel Caballero e Francisco Soto Barilac, delegado en Vigo do Comité Galego de árbitros de fútbol, asinaron esta mañá un convenio que permitirá a estes profesionais usar sen custo as pistas de atletismo de Balaídos. Para os seus adestramentos. O Concello autoriza a este colectivo o uso destas instalacións entre as 20,00 e as 22,00 horas, os luns, mércores e venres.