O alcalde felicita aos subcampións de España de baile deportivo

martes, 3 xan 2017

A viguesa Clara Pereira e o seu compañeiro David Vigo, que forman parte do Club de Baile Deportivo Al Compás, participaron recentemente no Open Internacional Junior no que se proclamaron subcampións de España de baile deportivo. Abel Caballero felicitounos polo éxito acadado, nun encontro celebrado este martes no Concello, e transmitiulles o aprecio da cidade polo seu bo facer nas pistas.

O rexedor eloxia a traxectoria do judoka Álvarez Fariña

luns, 2 xan 2017

Abel Caballero recibiu este luns a Javier Álvarez Fariña, a quen felicitou por terse proclamado recentemente gañador da Copa de España de Judo na categoría de menos de 90 quilos e sinalou a "grande importancia deportiva" deste galardón que sitúa o "judo de Vigo nos máis altos niveis de España". <br />

Caballero salienta o alto nivel do taekwondo vigués

luns, 2 xan 2017

Este luns o rexedor mantivo un encontro con varios deportistas do Ximnasio Escola Tao de Vigo a quen lles deu os parabéns polos éxitos acadados ao longo da temporada 2016, con varias medallas no Mundial, nas diferentes categorías da especialidade de taekwondo e referiuse ao "altísimo nivel" que está vivindo o judo, o taekwondo e as artes marciais na cidade.

Caballero saúda a nova experiencia municipal cos Xogos Deportivos de Reis para fútbol, fútbol sala e balonmán

venres, 30 dec 2016

O Concello de Vigo, a través da Fundación VIDE, porá en marcha unha nova experiencia na primeira semana do ano co obxectivo de "multiplicar a oferta deportiva municipal de canteira", explicouse hoxe. Do 2 ao 4 de xaneiro (luns a mércores), As Travesas, Navia e Coia recibirán os Xogos Deportivos de Reis, unha actividade que terá a medio cento de equipos e máis de 500 deportistas con idades comprendidas entre os 4 e os 11 anos.

Caballero reuniuse cos clubs de fútbol para "falar do proxecto deportivo" da modalidade

luns, 19 dec 2016

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, reuniuse hoxe con representantes duns trinta clubs de fútbol da cidade, algo que, como lembrou, non é a primeira vez que fai, "pois me reúno con eles periódicamente". O rexedor explicou que este encontro produciuse "para falar da situación na que se atopan e do proxecto deportivo" que o Concello deseñou para esta modalidade.

Caballero dálle a benvida á cidade ao Standard Lieja

xoves, 24 nov 2016

Abel Caballero presidiu este xoves a recepción que o Concello ofreceu aos responsables do Celta, do Standard Lieja belga e da UEFA no Pazo de Castrelos con motivo do partido que enfronta aos dous equipos este serán en Balaídos. Agardando a vitoria dos celestes no encontro, convidou aos representantes do equipo e da UEFA a coñecer a cidade e eloxiou o bo facer do Celta na súa andaina europea e tamén na Liga española. <br />