xoves, 12 mar 2015
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe que 46 deportistas en categoría absoluta (17 mulleres) e 23 en promesa (12 mozas) aspiran a proclamarse mellor deportista masculino e feminino de 2014, cuestión que se desvelará o vindeiro martes, na Gran Gala do Deporte de Vigo e a súa Comarca co patrocinio do Concello de Vigo, Faro de Vigo e Abanca e que se celebrará no Centro Cultural Afundación.
xoves, 12 mar 2015
O alcalde mantivo este xoves unha reunión con representantes da federación de peñas e da directiva do RC Celta, tras a que Caballero indicou que "queremos unha participación activa" da cidadanía sobre o aspecto exterior do estadio tras a súa reforma. No próximo partido, este sábado ás 22 horas, os afeccionados poderán decantarse por unha das sete cores propostas nas urnas habilitadas ao efecto.
martes, 10 mar 2015
O Trofeo Cidade de Vigo de bicicleta de montaña arrinca esta fin de semana nos montes de Coruxo coa disputa da primeira das tres probas que este ano compoñen o programa.
luns, 9 mar 2015
Os tres grupos da Corporación acordaron esta mañá denominar Pablo Beiro ao pavillón de Bouzas, en recoñecemento á traxectoria do recentemente falecido edil do Partido Popular. Trátase, explicou o rexedor, dunha "homenaxe da cidade a alguén que tanto fixo polo deporte, sobre todo entre persoas discapacitadas".
luns, 9 mar 2015
O catro veces campeón do Mundo de Triatlón Javier Gómez Noya confirmou a súa participación na terceira edición do DesafíoIslasCíes que se organizará en Vigo o 27 de setembro. Así o avanzou o rexedor esta mañá, logo de manter un encontro cos responsables desta ambiciosa proba deportiva.
luns, 9 mar 2015
A Xunta de Goberno local deu luz verde ao plan de seguridade e saúde das obras de mellora da pista deportiva da Praza Mestre Prudencio Rodríguez Dios 1. Estes traballos están incluidos nun plan de renovación de zonas deportivas situadas en distintas zonas da cidade que ascende a 160.000 euros.
venres, 6 mar 2015
O alcalde de Vigo felicitou este venres ao xogador vigués, que percibe unha axuda do Concello e ocupou no 2014 o primeiro posto na clasificación española absoluta da especialidade, con tan só 15 anos. De la Puente é tamén o número 2 da clasificación mundial de xogadores menores de 18 anos e está entre os 50 mellores do mundo sen límite de idade.
xoves, 5 mar 2015
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, a presidenta do Real Club Náutico de Vigo, Viviana García, e a presidenta de Aldeas Infantiles SOS Galicia, Rosa Freire, presentaron este xoves as "24 horas solidarias de natación", unha idea nada para recadar fondos a prol dos nenos e nenas máis necesitados e que se desenvolverá ao longo de todo o 28 de marzo, día da Reconquista.
xoves, 5 mar 2015
O Concello abre o prazo para participar na convocatoria de axudas a deportistas vigueses de base en modalidade individual, que se estenderá entre o 16 e o 31 de marzo. Son 20.000 euros que se repartirán en achegas de 1.000 euros, segundo detallou o rexedor en rolda de prensa.
mércores, 4 mar 2015
O alcalde recibiu este mércores ao equipo da piscina municipal de Teis, despois de que o pasado domingo o traballo dun socorrista evitase o afogamento dun usuario do recinto, un home de 58 anos que perdera a consciencia. Abel Caballero eloxiou a "rapidez" do equipo humano da piscina e agradeceu o seu "gran traballo".