mércores, 20 xul 2016
A praia de O Vao será o próximo 30 de xullo o punto de saída da XXXVIII edición da Travesía a Nado de El Corte Inglés. Durante a presentación, o rexedor animou a todo Vigo a participar nunha proba que xa é un referente no calendario deportivo vigués.
venres, 15 xul 2016
O Concello de Vigo aumentará no próximo documento orzamentario o seu apoio ao deporte, tal e como lle transmitiu hoxe venres a distintos coletivos da cidade. Durante ese encontro anunciou a renovación dos convenios que permiten a entidades deportivas, sociais e centros de ensino usar instalacións municipais sen custo algún.
xoves, 14 xul 2016
Ata o domingo, o circuito itinerante Xira Karting está emprazado na Praza do Rei e ofrece a todos os públicos a posibilidade de pilotar un kart de competición, de 12 a 14h e de 17 a 22 horas. O alcalde, Abel Caballero, explicou que o Concello repartirá 500 invitacións aos nenos e nenas das escolas depotivas municipais.
luns, 11 xul 2016
A décima edición de Xirakarting, o circuíto de karts itinerante que percorre Galicia para promocionar a iniciación ao mundo do automobilismo, chega a Vigo este xoves 14 e instalarase na Praza do Rei ata o domingo.
mércores, 6 xul 2016
O Campionato de España de descenso de bicicleta de montaña (mountain bike) celebrarase en Vigo a fin de semana do 16 e 17 de xullo. O alcalde da cidade, Abel Caballero, presentou hoxe a competición, que atraerá a Coruxo aos mellores "descenders" do país.
venres, 1 xul 2016
Acompañada de varios deportistas e da organización, Sireno, a mascota da Vigo Street Stunts 2016 Body Extreme, achegouse esta mañá á Praza do Rei onde foi recibida polo alcalde de Vigo. A segunda edición deste espectáculo de deporte extremo chegará a Vigo os próximos 8, 9 e 10 de xullo. A mascota é un sireno, nun guiño á famosa escultura de Francisco Leiro, un símbolo de identidade para todos os vigueses xa que, como os competidores deste certame deportivo, observa a nosa cidade desde un punto de vista privilexiado.
xoves, 30 xuñ 2016
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou a XVI Vigo Cup, torneo internacional de fútbol base, coma "unha das grandes concentracións de fútbol de Europa, o que nos enorgullece".
martes, 28 xuñ 2016
O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, presentou este martes o IV Torneo Concello de Vigo de pádel, que organiza o Club de Pádel Barreiro nas pistas municipais de Máis que Auga (Barreiro e Navia), e anunciou que o evento "xa se garantiu o récord de participantes".
xoves, 23 xuñ 2016
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou a cuarta edición da Nocturna Correndo por Vigo, a proba atlética que dende 2013 converteuse na referencia do "running" nas Travesas e que nesta edición abandonou o sempre impredicible maio para irse ao 2 de xullo ás 21,00 horas.
mércores, 22 xuñ 2016
O alcalde de Vigo tomou parte este mércores no acto de peche do programa municipal de actividade física para maiores, que inclúe, nas Travesas, Lavadores e Teis, a práctica de natación e ximnasia e está dotado con 50.000 euros.