O Concello poderá ofrecer ata 57 prazas na futura escola infantil da Praza da Industria

xoves, 25 nov 2021

O goberno de Vigo aprobou este xoves o proxecto para adaptar o baixo do edificio municipal do Camiño do Chouzo, cun orzamento de 627.000 euros. O alcalde solicitou que sexa financiada cos fondos europeos que o Goberno de España transfire á Xunta e recibiu o beneplácito da ministra de Educación, segundo afirmou.

Abel Caballero desexa á atleta Aintzane Dapena "toda a sorte do mundo" no Mundial de Bakú

venres, 12 nov 2021

Abel Caballero recibiu á atleta Aintzane Dapena antes de marchar ao Mundial de Ximnasia de Trampolín que celébrase en Bakú do 18 ao 21 de novembro. O rexedor fixo entrega da bandeira da cidade á ximnasta viguesa que competirá por primeira vez nun Mundial na categoría de dobre minitramp. Dapena é a primeira do Club Sieiro que compite na Copa do Mundo coa selección española sénior. En Azerbaiyán conquistou o bronce júnior no Europeo de 2018.

O alcalde felicita a Carlos Álvarez Fariña, subcampión de España de Judo

luns, 18 out 2021

Abel Caballero recibiu este luns no Concello ao judoka vigués que vén de acadar a segunda posición no Campionato de España máster de judo na categoría de +90 quilos, o que lle outorga a clasificación para o Mundial de Lisboa que se disputa en outubro. O rexedor trasladoulle os parabéns no nome da cidade pola súa proclamación como subcampión de España e desexoulle o mellor dos éxitos na próxima competición.