O Concello aposta por Pablo Izard na súa primeira velada de kickboxing en Vigo

mércores, 15 feb 2023

O kickboxing chegará ao Frontón Municipal das Travesas este sábado (19.00 horas) coa velada “La noche del barrio”, que reunirá un total de seis combates de afeccionados, patrocinados polo Concello de Vigo e a organización de El Barrio Kickboxing, novo club dirixido por Pablo Izard, segundo anunciou Manel Fernández, concelleiro de Deportes, en rolda de prensa.

Abel Caballero: "A Gran Bikedada ten o recoñecemento de todo o mundo do ciclismo"

venres, 10 feb 2023

O rexedor vigués achegouse a presentación dunha nova edición da Gran Bikedada, na súa intervención quixo agradecer o esforzo dos organizadores e louvar o papel de Álvaro Pino, referente do ciclismo nacional. A proba disputarase o domingo 12 de febreiro A proba partirá e rematará na cidade, con diferentes modalidades, en función da destreza dos participantes.

As Travesas acolle o Máster Nacional sub13 e sub17 "Cidade de Vigo" de bádminton

venres, 20 xan 2023

O alcalde participou este venres na presentación en rolda de prensa do evento, que se celebra este sábado e domingo na pista vermella do Pavillón Municipal das Travesas, coa presenza de 31 clubs de toda España, máis de cen xogadores e 16 títulos en xogo. En presenza de Jesús Gómez, presidente do Club Escola Rosalía, e de Xosé Luís Vila Piñeiro, presidente da Federación Galega, Caballero comprometeu o apoio municipal aos equipos de bádminton da cidade, onde o “deporte vai ocupando cada vez máis parcelas”.