Escoitar

Abel Caballero: “Poremos en funcionamento o campo de As Travesas tras unha intensa remodelación”

O rexedor, xunto a primeira tenente de alcalde e o concelleiro de Deportes, visitou esta mañá o campo, no que o Concello levou acabo unha renovación integral cun custe de 350.000€.

mércores, 7 ago 2024

O campo de As Travesas volverá a acoller esta tempada adestramentos e partidos, tanto de fútbol como de hockey herba, así o anunciou Abel Caballero, tras visitar as instalacións esta mañá.

“Instalouse un novo terreo de xogo con céspede artificial dunha calidade moi elevada”, explicou o alcalde, sinalando que conta coa certificación “FIFA Quality Pro” e “FIH Multisport Categoría 3”, que permite a compatibilidade de ambos deportes.

Tamén se executou unha “renovación integral do circuíto de rego do campo”, aproveitando a auga de chuvia para o uso dos aspersores. Caballero explicou que contará cunha nova rede de recollida de aguas pluviais, coa instalación de canalizacións que melloran a evacuación de agua, así como o peche perimetral cunha valla elevada arredor do terreo de xogo, para protexer a pista de rodadura.

 

Descargar todas as imaxes