O alcalde inaugura a cubrición da pista deportiva do Centro Cultural Becerreira
“Seguimos apoiando o deporte na cidade”, apuntou, poñendo a disposición da cidadanía “practicamente un novo pavillón deportivo”.
Abel Caballero asistiu este venres á apertura do recinto no que o Concello leva investidos máis de 600.000 euros coa cubrición da pista, primeiro, e o peche dos laterais, agora, de xeito que queda “compactada” esta dotación deportiva do Centro Cultural Becerreira de Cabral.
O rexedor valorou que Cabral gaña “practicamente un novo pavillón deportivo”, onde as nenas e os nenos poderán “practicar deporte e xogo seguro aínda en condicións climatolóxicas adversas”. É para Caballero un exemplo da continuidade no apoio municipal ao deporte na cidade.
Segundo explicou, na parte inferior do lateral da pista deportiva empregouse pechamento de ladrillo e quedou impermeabilizada. Ademais, mellorouse a recollida e condución das augas pluviais e instalouse nova iluminación.