martes, 28 feb 2023
O alcalde mantén un encontro este martes cunha representación da Federación de Peñas do Celta e outro coa Agrupación de ex xogadores do Celta que tamén contarán cun espazo propio na zona da Bancada de Tribuna.
martes, 28 feb 2023
O alcalde informou este martes da adquisición directa de dúas naves existentes nunha parcela que linda co campo do Coruxo. Amais, a Xerencia de Urbanismo aprobou a licenza de obra para a rehabilitación dun edificio na rúa do Príncipe.
martes, 28 feb 2023
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou unha nova edición do programa Mini Cros Vigo de atletismo escolar, que ocupa aos e ás escolares da cidade e a súa comarca en probas atléticas dende a categoría pitufos a xuvenís. O Concello é patrocinador e a Asociación Xóvenes Atletas, clubs e os centros de ensino levan a organización.
venres, 24 feb 2023
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou a segunda proba do circuíto Run Run Vigo, a Calvario 5+5, que se celebra este domingo no Calvario (10:00 horas).
xoves, 23 feb 2023
A Bandeira Concello de Vigo de bateis volve este sábado ás augas da ETEA (15:30 horas), co patrocinio municipal e a organización do Club de Remo Virxe da Guía.
mércores, 22 feb 2023
A moción socialista foi aprobada na sesión plenaria deste mércores co apoio do grupo mixto e o concelleiro non adscrito e coa abstención do PP.
martes, 21 feb 2023
O Trofeo Cidade de Vigo de baile deportivo regresa ao escenario onde empezou, o pavillón municipal de Candeán, e se reinventa, pois por vez primeira o torneo desdobrarase en dous eventos, un específico para Hip-Hop e outro para as modalidades standard e latinos, ritmos caribeños e danza coreográfica. A data dese segundo campionato vaiase anunciar nas vindeiras semanas.
venres, 17 feb 2023
Abel Caballero visitou as obras da grada de Marcador do Estadio Municipal de Balaídos. A nova grada avanza segundo as previsións do Concello e xa está a levantar a sexta estrutura, a penúltima, co obxectivo de ter rematado no mes de marzo a cuberta exterior. O alcalde dixo tamén en rolda de prensa que xa fixeron as probas dos asentos e avanzou que na semana do 27 de febreiro a estrutura estará completada. O Concello e a Deputación de Pontevedra invisten 18 millóns de euros na grada de Marcador.
xoves, 16 feb 2023
O pavillón de As Travesas será a instalación na que a selección feminina de baloncesto completará a súa preparación para o Eurobasket 2023 que se disputará en xuño en Eslovenia e Israel. No acto de presentación, en Quirós, o alcalde avanzou que o adestrador Miguel Méndez será nomeado este ano Vigués distinguido.
mércores, 15 feb 2023
O kickboxing chegará ao Frontón Municipal das Travesas este sábado (19.00 horas) coa velada “La noche del barrio”, que reunirá un total de seis combates de afeccionados, patrocinados polo Concello de Vigo e a organización de El Barrio Kickboxing, novo club dirixido por Pablo Izard, segundo anunciou Manel Fernández, concelleiro de Deportes, en rolda de prensa.