Escoitar

O Concello autoriza ao Celta a execución de obras na Madroa para implantar o equipo feminino

A Xunta de Goberno Local aprobou este venres a autorización para executar obras de demolición e de construción dun novo edificio para vestiarios, ximnasio e outras instalacións na Madroa. Abel Caballero avanza a colaboración municipal con As Celtas

venres, 31 mai 2024
Imaxe da presentación de As Celtas na Madroa
Imaxe da presentación de As Celtas na Madroa

O alcalde manifestou o apoio municipal ao proxecto de fútbol feminino As Celtas que está desenvolvendo o club xa que, amais da autorización destas obras, “estudaremos a forma de colaborar co Celta neste grande proxecto. Queremos estar ao carón do club na promoción deste equipo feminino”.

A Xunta de Goberno Local deu luz verde este venres á autorización municipal á execución de obras de demolición de edificacións destinadas a vestiarios e a almacén na cidade deportiva da Madroa e á construción dun novo edificio de vestiarios e edificación anexa destinada a ximnasio e instalacións. Tal e como explicou o alcalde, o Celta solicitou a autorización para executar as obras coas que quere actualizar e modernizar a infraestrutura existente para poder desenvolver na Madroa o seu proxecto de fútbol feminino As Celtas.

O club remitiu ao goberno local o proxecto de execución material da demolición e o proxecto de construción de dous edificios para vestiarios, ximnasio e instalacións, cun orzamento de 222.500 euros.

 

 

 

Descargar todas as imaxes