Escoitar

Vigo encherá a Porta do Sol de folclore o 19 e 20 de xullo

A Xunta de Goberno deu luz verde á subvención para a organización da Festa da Cultura na que 27 grupos folclóricos farán representacións musicais e de danza.

venres, 31 mai 2024
Actuación improvisada de O Fiadeiro na Reconquista
Actuación improvisada de O Fiadeiro na Reconquista

Abel Caballero deu conta da subvención de 20.000 euros que aprobou esta mañá a Xunta de Goberno para a organización da Festa da Cultura. O evento celebrarase o 19 e 20 de xullo na Porta do Sol.

O alcalde cifrou en 27 os grupos folclóricos que durante o venres e o sábado actuarán na céntrica praza da cidade. “Haberá representacións musicais e baile, amais de teatro”, dixo. Xunto a este evento central desenvolveranse outras actividades lúdicas como concursos e concertos de grupos de folk, rap, pop, rock e máis xéneros.

Descargar todas as imaxes