O aeroporto de Vigo retoma este venres a súa actividade “con operatividade total”
Abel Caballero felicitou á directora do aeroporto, Ana Molés, e o seu equipo polo traballo e cumprimento co prazo de reapertura. Tamén recoñeceu ao ministro de Transportes, Óscar Puente, e AENA, “asignar 30 millóns para facer practicamente unha pista nova”.
Este venres 31 de maio o aeroporto de Vigo retoma a súa actividade tras a finalización das obras de remodelación da pista, e segundo expresou o alcalde, “retómase con operatividade total”.
O alcalde felicitou á directora do aeroporto de Vigo, Ana Molés, e ao presidente de AENA, así como a todo o equipo “polo traballo importantísimo. Dixéronnos que o 31 de maio o aeroporto estaría aberto e cumpriron”, louvou Caballero.
Tamén recoñeceu a actuación desde o Ministerio de Transportes, “asignando 30 millóns para facer practicamente unha nova pista no aeroporto de Vigo”.