Escoitar

O Concello contribúe ao coñecemento da ría de Vigo coas novas viaxes do programa "Vigo, cidade amiga dos maiores"

Abel Caballero explicou hoxe aos membros da Asociación de Veciños A Miñoca que participaron nunha das dúas viaxes organizadas pola ría de Vigo a bordo da embarcación "Nautilus", integrada non programa municipal de avellantamento activo "Vigo, cidade amiga dos maiores", a beleza e importancia do coñecemento do ecosistema mariño que adquiren os participantes na iniciativa municipal, ao tempo que os animou a gozar da experiencia. Usuarios do servizo de teleasistencia e xubilados e pensionistas Vila Galicia tamén participaron a primeira hora da xornada do desprazamento lúdico-didáctico pola ría. Os interesados poden chamar aos números 600854260 e 649493797, da adxudicataria "Ocean Secrets", ou a través do servizo de información 010. Neste programa participarán 2.600 persoas maiores de Vigo.

mércores, 29 mai 2024
Descargar todas as imaxes