Escoitar

O Goberno de España vén de asinar a aprobación do proxecto de remodelación da Avenida de Madrid

O Concello xa está en fase de licitación das obras de remodelación da Avenida de Madrid, un proxecto que permitirá a integración plena desta rúa na cidade. Conta un orzamento de case 17 millóns dos que 12 proceden do Goberno Central.

martes, 28 mai 2024

O proxecto de remodelación “integral” da Avenida de Madrid segue avanzando coa validación do Goberno de España que vén de asinar o proxecto. Unha vez que o Concello o reciba, as obras serán licitadas de inmediato dado que o goberno local xa deu conformidade ao devandito documento o pasado 10 de maio. O proxecto de remodelación da Avenida de Madrid ten un orzamento de 16,8 millóns de euros dos que o Goberno de España dedica case 12 millóns, ademais do proxecto construtivo, valorado en 466.028 euros.

A Avenida de Madrid quedará plenamente integrada na cidade como unha “gran avenida” na que se incrementará a permeabilidade peonil e que se dotará con elementos de deseño e estética seguindo os modelos de humanización desenvolvidos nos últimos anos polo goberno municipal na cidade.

Descargar todas as imaxes